Invasión soviética de Polonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 55:
 
Os gobernos aliados declaráronlle a Guerra a [[Alemaña]] o [[3 de setembro]] pero non aportaron ningún apoio significativo. A pesar de que algúns polacos tiveran éxito en zonas fronteirizas menores, a superioridade técnica, operacional e numérica dos alemáns forzaron aos polacos a retroceder cara [[Varsovia]] e [[Lwów]]. O [[10 de setembro]] o comandante en xefe polaco, o mariscal [[Edward Rydz-Śmigły]], ordenou unha retirada xeral ao o sueste, cara a [[cabeza de ponte romanesa]]. Pouco despois de que comezasen a súa invasión de [[Polonia]], os líderes nazis comezaron a urxir aos soviéticos para que cumprisen o acordó e atacasen dende o leste. O ministro de exteriores soviético [[Vyacheslav Molotov]] e o embaixador alemán en [[Moscova]] [[Friedrich Werner von der Schulenburg]] intercambiáronse unha serie de mensaxes diplomáticas sobre a material, pero os soviéticos porén atrasaron a súa invasión do leste de [[Polonia]]. A [[Unión Soviética]] estaba distraída por eventos cruciais relacionados coas súas disputas fronteirizas con [[Xapón]]. Precisaba tempo para mobilizar ao [[Exército Vermello]] e viron unha vantaxe diplomática agardando que Polonia se desintegrase antes de realizar o seu movemento. O [[17 de setembro]] de [[1939]] entregou a seguinte declaración de Guerra ao embaixador polaco en Moscova:
 
<blockquote>A Guerra xermano-polaca revelou a quebra interna do estado polaco. Durante o curso de dez días de hostilidades Polonia perdeu todas as súas áreas industriais e centros culturais. Varsovia, como capital de Polonia, xa non existe. O goberno polaco desintegrouse, e xa non amosa signos de vida. Isto significa que o estado polaco e o seu goberno, de feito, deixaron de existir. Do mesmo xeito, os acordos entre a Unión Soviética e Polonia deixaron de estar vixentes. Deixando os seus propios recursos e falta de liderazgo, Polonia converteuse nun campo apto para todo tipo de perigos e sorpresas, o que pode constituír unha ameaza para a Unión Soviética. Por esas razóns o goberno soviético, que ata o de agora foi neutral, non pode seguir mantendo unha actitude neutral cara eses feitos.
 
O goberno soviético non pode ver con indiferencia o feito de que os habitantes afíns de Ucraína e a Rusia Branca, que viven en territorio polaco e que están a mercede do destino, poidan quedar indefensos.
 
Nestas circunstancias, o goberno soviético solicitou ao Alto Mando do Exército Vermello que ordenase ás tropas cruzar a fronteira e coller baixo a súa protección as vidas e as propiedades da poboación do oeste de Ucraína e a Rusia Branca.
 
Ao mesmo tempo o goberno soviético propón tomar todas as medidas para sacar ao pobo polaco da infortunada guerra á que foron arrastrados polos seus imprudentes líderes, e permitir que vivan unha vida en paz.
 
Comisario do Pobo para Asuntos Exteriores da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas V. Molotov</blockquote>
 
Ese mesmo día Molotov declarou na radio que todos os tratados entre a Unión Soviética e Polonia non tiñan xavalor: o goberno polaco abandonara á súa xente e efectivamente deixara de existir. Tamén ese día o Exército Vermello cruzaba a fronteira e entraba en Polonia.
 
[[Categoría:Guerras]]