Invasión soviética de Polonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 50:
 
=== Invasión alemá de Polonia ===
O [[26 de agosto]] [[Hitler]] intentou disuadir aos británicos e aos franceses para que non interferisen no próximo conflito, incluso comprometéndose a que o [[Reino Unido]] tivese forzas da [[Wehrmacht]] á súa disposición nun futuro. Na medianoite do [[19 de agosto]], o ministro de exteriores alemán, [[Joachim von Ribbentrop]], entregou ao embaixador británico, Neville Henderson, a lista de termos que supostamente garantiría a paz co respecto a [[Polonia]]. Baixo eses termos, Polonia devolvería [[Danzig]] a [[Alemaña]] e debería haber un referendum no [[corredor polaco]], baseado na residencia en [[1919]], dentro do ano. Cando o embaixador polaco Lipski foi ver a Ribbentrop o [[30 de agosto]], anunciou que el non tiña o poder para asinar e Ribbentrop despedíuno. Os alemáns anunciaron que Polonia rexeitara o otrecemento xermano e as negociacións remataron. O [[31 de agosto]] unidades alemás disfrazadas de polacas escenificaron o [[incidente Gleiwitz]] preto da cidade fronteiriza de [[Gleiwitz]]. Na mañá seguinte Hitler ordenou que as hostilidades contra Polona comezasen ás 4:45 do [[1 de setembro]].
 
Os gobernos aliados declaráronlle a Guerra a [[Alemaña]] o [[3 de setembro]] pero non aportaron ningún apoio significativo. A pesar de que algúns polacos tiveran éxito en zonas fronteirizas menores, a superioridade técnica, operacional e numérica dos alemáns forzaron aos polacos a retroceder cara [[Varsovia]] e [[Lwów]]. O [[10 de setembro]] o comandante en xefe polaco, o mariscal [[Edward Rydz-Śmigły]], ordenou unha retirada xeral ao o sueste, cara a [[cabeza de ponte romanesa]]. Pouco despois de que comezasen a súa invasión de [[Polonia]], os líderes nazis comezaron a urxir aos soviéticos para que cumprisen o acordó e atacasen dende o leste.
 
[[Categoría:Guerras]]