Fusion: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: O ''fusion'' (ou ''jazz-rock fusion'' ou ''jazz fusion'') é un xénero musical que mestura elementos do jazz con outros estilos musicais, particularmente rock, funk, [[rhy...
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
O ''fusion'' (ou ''jazz-rock fusion'' ou ''jazz fusion'') é un xénero musical que mestura elementos do [[jazz]] con outros estilos musicais, particularmente [[rock]], [[funk]], [[rhythm and blues|R&B]], [[música electrónica]] e [[folk|músicas folclóricas]]. Os álbunes de fusion (incluso os feitos polo mesmo artista) soen incluir varios destes estilos musicais.
 
A finais dos 1960, os músicos de jazz comezaron a mesturar as formas e as técnicas interpretativas do jazz cos instrumentos eléctricos do rock e os ritmos do soul e o R&B. Ó mesmo tempo, algúns artistas de rock comezaron a incluir elementos do jazz á súa música. Os 70 foron a década do fusion, mais o estilo seguiu vivo até hoxe. Máis ca coma un estilo musical codificado, o fusion pode verse coma unha tradición ou aproximamento musical. A unha parte do [[rock progresivo]] tamén se lle chama fusion.
 
O fusion é tipicamente instrumental, adoito con [[compás|compases]] e ritmos complexos e temas moi logos, incluíndo longas improvisacións. Moitos dos máis eminentes músicos de fusion combinan un grande virtuosismo con complexas composicións e a improvisación en métricas raramente vistas noutras formais musicais occidentais. Entre compositores de jazz máis recoñecidos neste estilo atópanse Dave Brubeck e Don Ellis.