Gemini 3: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
m Máis info
Xosema (conversa | contribucións)
m Correccións menores
Liña 48:
 
== Desenvolvemento da misión ==
Gemini 3 foi a primeira misión tripulada do programa Gemini. O seu obxectivo era demostrar a capacidade das cápsulas Gemini para levar unha tripulación a bordo, a evaluaciónavaliación das capacidades da cápsulas polos [[astronauta]]s e probar a rede mundial de seguimento de misións tripuladas da [[NASA]], o sistema de propulsión de control en órbita, o control da traxectoria de [[Reentrada atmosférica|reentrada]] e o punto de amerizaxe, os sistemas da nave e a recuperación da mesma. Como obxectivos secundarios atopábanse estudar os efectos das oscilacións a baixo nivel do foguete lanzador durante o despegue, a realización de tres [[experimento]]s e a realización de [[fotografía]]s desde [[órbita]].<ref name=astronautix/><ref name=NSSDC/>
 
Gemini 3 foi lanzada o [[23 de marzo]] de [[1965]] ás 14:24:00.064 [[UTC]] (9:24 [[Zona horaria do leste|EST]]) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertado nunha órbita inicial de 161,2 km de [[perixeo]] e 224,2 km de [[apoxeo]]. Ao final da primeira órbita Grissom realizou a primeira manobra orbital, baixando a órbita a unha de 158 x 169 km. Durante a segunda órbita Grissom cambiou a [[inclinación orbital]] en 0,02 [[Grao sexaxesimal|graos]]. Cara o final da terceira órbita, a 4 horas, 21 minutos e 23 segundos do inicio da misión (ás 13:45:23 EST), o perixeo da órbita foi baixado ata só 84 km para permitir un decaemento natural da órbita en caso de fallo dos retrofoguetes encargados de facer reentrar a cápsula. Pouco despois, a 90 km de altura e ás 4 horas, 33 minutos e 23 segundos do inicio da misión (13:57:23 EST) a tripulación disparou manualmente os retrofoguetes, que funcionaron segúnsegundo o previsto. Durante a reentrada inxectáronse 7 kg de [[auga]] na envoltura de [[Plasma (estado da materia)|plasma]] que rodeaba á nave, mellorándose as comunicacións con terra, que habitualmente se cortan debido ao plasma.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/>
[[Imaxe:USS Intrepid (CV-11) - Mar 65 b.jpg|miniatura|Recuperación da Gemini 3 tras o amerizaxe.]]
O amerizaxe tivo lugar ás 14:16:31 EST (4 horas, 52 minutos e 31 segundos despois do inicio da misión) no [[Océano Atlántico]], a 22,43° N e 70,85° O. Debido a unha menor [[sustentación]] da cápsula do planeada durante a reentrada, o punto de amerizaxe atopábase a 111 km do previsto. Durante a espera na cápsula os astronautas mareáronse debido ó movemento do mar, polo que quitáronse os traxes e saíron da cápsula sobre as 15:00 EST. Foron recollidos por un [[helicóptero]] e levados ó [[U.S.S. Intrepid]], dondeonde chegaron ás 15:28. A cápsula foi recuperada ás 17:03. Dous dos tres experimentos de a bordo foron levados a cabo con éxito. A cobertura fotográfica planeada desde órbita só foi levada a cabo parcialmente debido a unha lente non adecuada colocada na [[Cámara fotográfica|cámara]] de 16 mm. O resto de obxectivos foron cumplidos.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/>
 
== Notas ==