Catarina de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
Liña 1:
[[Ficheiro:Michel_Sittow_002.jpg|dereita|miniatura|Catarina de Aragón]]'''Catarina de Aragón''', Princesa de España ([[16 de decembro]], [[1485]] - [[7 de xaneiro]], [[1536]]) foi a primeira raíña consorte de [[Henrique VIII de Inglaterra]]. Foi tamén a nai da raíña [[María I de Inglaterra|Maria I]]. Catarina, durante a xuventude, foi efusivamente aclamada pola súa beleza e intelixencia. Conversaba tanto no seu español nativo, tanto en latín, francés e, máis tarde, inglés. Como raíña, o seu tempo foi maioritariamente empeñado en obras de caridade, o que lle conferiu o amor do povo inglés, sendo, até hoxe, a raíña consorte máis amada por eles. O seu túmulo en Peterborought nunca está sen flores, a pesar de pasados case cinco séculos dende súa morte.
 
==Traxectoria==
Catarina nasceunaceu en [[Alcalá de Henares]] e foi a filla máis nova dos [[Reis Católicos]] [[Fernando II de Aragón]] e [[Isabel I de Castela]]. En [[1501]], Catarina casou con [[Artur Tudor]], [[Príncipe de Gales]], como contratado dende a infancia dos dous. Ao casar foi vivir para o [[País de Gales]] mais pouco tempo despois ambos cairán vítimas dunha epidemia, posibelmente [[cólera]]. Catarina sobreviveu, mais Artur non tornandoa nunha viúva. De acordo co seu propio testemuño o casamento non fora consumado, o que foi a base da dispensa concedida polo papa [[Xulio II, papa|Xulio II]] para unha segunda unión co cuñado Henrique, entón [[Duque de York]] e herdeiro do trono.
 
O casamento ocorreu apenas a [[11 de xuño]] de [[1509]] despois da ascensión ao trono de Henrique VIII. Catarina era extremamente popular para o povo, tanto como Raíña, tanto como Princesa de Gales. En 1513 chegou mesmo a servir como rexente da coroa durante unha ausencia de Henrique VIII a Francia. Catarina deu a luz un rapaz, Henrique, que morreu pouco tempo despois. O seu último parto en [[1516]] resultou nunha filla, a futura [[María I de Inglaterra]].