Diferenzas entre revisións de «Fervenza do Ézaro»

== Características ==
No último treito do río Xallas o desnivel é de 155 metros, e a auga precipítase a 40 metros de altura de xeito abraiante monte abaixo até se esmagar con virulencia contra as paredes pétreas do [[Canón (xeoloxía)|canón]] que a propia auga arou ao cabo de millóns de anos a través do [[Monte Pindo]] (de 630 m de altitude) despois de ducias de metros de caída libre no punto coñecido coma Cadoiro do Xallas ou do Pindo (unha poza de máis de 20 m de fondo), pronunciado na voz popular como ''Coaduiro'' desde os tempos de [[Frei Martín Sarmiento]], malia que en tempos máis recentes fose rebautizada coma Fervenza do Ézaro. Estudosos de todo o mundo percorrían milleiros de quilómetros na procura deste espectáculo único da natureza.
Textos do século XVII falan xa da fervenza, describíndoa coma unha fumareira que podía ser ollada dende varios quilómetros mar adentro.
 
== Paisaxe e ecoloxía ==
21.448

edicións