Abrir o menú principal

Cambios

Ampío de en.wiki
 
En agosto de [[1945]], tras o final da guerra en [[Europa]], a [[Unión Soviética]] e [[Polonia]] asinaron un tratado de fronteiras. Este acordo recoñecía o ''status quo'' da fronteira oficial coa excepción da rexión ao redor de [[Bialystok]] e unha pequena parte da ribeira leste do [[río San]] ao seu paso por [[Przemyśl]], en [[Galitsia]], que foi devolta a Polonia.
 
== Antecedentes ==
=== Antecedentes históricos ===
O resultado da conferencia de paz de París fixo pouco para disminuír as ambicións territoriais das partes na rexión. [[Józef Piłsudski]] tratou de ampliar os límites de [[Polonia]] cara o leste como un intento de crear unha federación liderada polo país para contrarrestar calquera posible intención imperialista por parte de [[Rusia]] ou [[Alemaña]]. Ao mesmo tempo, os bolxeviques comezaron a gañar vantaxe na [[Guerra Civil Rusa]] e comezaron a avanzar cara o oeste, cara os territorios en disputa coa intención de aistir a outros movementos comunistas no leste de [[Europa]]. As escaramuzas fronteirizas de [[1919]] deron paso á [[Guerra polaco-soviética]] de [[1920]]. Despois da vitoria polaca na [[batalla de Varsovia]], os soviéticos pedirn a paz e a guerra rematou cun armisticio en outubro de 1920. As partes asinaron un tratado formal de paz, a [[paz de Riga]], o [[18 de marzo]] de [[1921]], dividindo os territorios disputados entre [[Polonia]] e a [[Unión Soviética]]. Nunha acción que en gran parte determinou a fronteira entre os dous países durante o período de entreguerras, os soviéticos ofreceron á delegación de paz polaca concesións territoriais nas áreas limítrofes en disputa, que se asemellaban moito á fronteira entre o [[Imperio Ruso]] e a [[República das dúas nacións]] antes da primeira partición de [[1772]]. A raíz do acordo de paz, os líderes soviéticos abandonaron en gran medida a causa da revolución interacional e non retomaron o concepto ata pasados uns 20 anos.
 
[[Categoría:Guerras]]
60.611

edicións