Free jazz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: O ''free jazz'' é un movemento da música jazz que foi desenvolvido nos 50 e 60 por artistas coma Ornette Coleman, Eric Dolphy, Cecil Taylor, Albert Ayler, [[Joe H...
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
O ''free jazz'' é un movemento da música [[jazz]] que foi desenvolvido nos 50 e 60 por artistas coma [[Ornette Coleman]], [[Eric Dolphy]], [[Cecil Taylor]], [[Albert Ayler]], [[Joe Harriott]], [[Archie Shepp]], [[Bill Dixon]] and [[Paul Bley]]. Algúns dos exemplos mellor coñecidos son os derradeiros traballos de [[John Coltrane]]. Aínda que a música producida por estes intérpretes presentaba amplas diferencias, tiñan en común unha insatisfacción coas posibilidades expresivas do [[bebop]], do [[hard bop]] e do [[jazz modal]]; a cadanseu xeito, os músicos de free jazz intentar rachar ou extender as convencións do jazz, adoito descartando o marco invariable do jazz formado polos tempos e os trocos de acordes fixos.
 
Aínda que "''free jazz"'' é o termo xeralizado hoxendía, empregáronse moitos outros. Nos 60, ó aínda pouco definido movemento chamábaselle ás veces "''energy music"'' ou "''the new thing"''. Dos intérpretes de free jazz decíase que tocaban "fóra" (ó contrario do que os convencionalistas que o facían "dentro") e o termo converteuse no preferido por músicos e sellos de gravación: entre os álbunes deste período inclúense Outward Bound, Out There, Out to Lunch (todos de Dolphy), Out Front (Jaki Byard) e and Destination Out (Jackie McLean).
 
Aínda que o free jazz asóciase decotío coa era do seu nacemento, moitos músicos (entre eles [[Ken Vandermark]], [[William Parker]], [[John Zorn]], [[Paal Nilssen-Love]] e [[George Lewis]]) manteñen o estilo vivo hoxendía, continuando o seu desenvolvemento coma linguaxe jazz. En Europa o estilo foi levado alén por intérpretes coma [[Derek Bailey]], [[Peter Brötzmann]] e [[Evan Parker]] a un idioma que se deu en chamar "''[[improvisación libre]"]''.