Diferenzas entre revisións de «O Gaiteiro de Lugo»

sen resumo de edición
 
Fundouno grazas ao traballo do impresor e activista cultural [[Manuel Soto Freire]] e logo en [[1889]] pasou a mans de [[Gerardo Castro]], continuando a súa publicación o seu fillo, de igual nome, que continuaron a numeración e estilo do anterior. Os primeiros números era case exclusivamente en castelán agás as colaboracións literarias; progresivamente foi aumentando a presenza do galego na publicación e a partir de [[1936]] por iniciativa de [[Xosé Filgueira Valverde]] publicouse integramente en galego, mantendo o monolingüismo durante todo do [[franquismo]]. En [[1963]] Gerardo Castro vendeu o calendario a ''La Región'' que o seguiu publicando ata [[1973]]. En [[1996]] a [[Deputación de Lugo]] decidiu retomar a súa publicación. Publicación moi popular entre os labregos galegos durante o franquismo, chegou a vender 50.000 exemplares. [[Antonio Noriega Varela]] foi un colaborador habitual.
 
Predicións, chistes, as lúas, as datas das feiras, consellos para o cultivo da vide, prognósticos do tempo, refráns, adiviñas ademais o habitual santoral e previsións meteorolóxicas acompañan a outros textos de maior entidade literaria deste libriño en galego que nunca fou considerado como tal pola cultura "oficial".
 
== Ligazón externa ==
Usuario anónimo