Academia Literaria de Santiago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Titvs (conversa | contribucións)
Nova páxina: "A Academia Literaria de santigo foi unha institución cultural decimonómica da cidade de Santiago de Compostela,plataforma de debates dos mozos provincialistas da xeración u..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de febreiro de 2013 ás 16:29

A Academia Literaria de santigo foi unha institución cultural decimonómica da cidade de Santiago de Compostela,plataforma de debates dos mozos provincialistas da xeración universitaria de 1846.

Historia

Fundada en 1840, en plena etapa de liberdades conseguidas polo triunfo do partido progresista coa rexencia de Espartero; varios mozos universitarios consiguen do capitán xeneral de Galicia, Fermín Iriarte, a cesión do refectorio do mosteiro de san Martiño Pinario para celebrara as súas sesións, o que será motivo de agradecemento por parte de Díaz de Robles, que lle adicara á unha extensa poesía[1].

A través dela pretendía vincularse coa academia literaria do XVIII, a academia foi creada a imitación do Liceo Artístico y Literario de Madrid, sendo o seu primeiro presidente o prebístero Pedro Losada Rodríguez(sendo censor da mesma anos despois) mais o seu promotor da Academia e fundador do xornal El Idólatra de Galicia foi o militar ferrolán Díaz de Robles. Na acedmia discutíase de toda clase de temas:relixión,filosofía,historia, e sobre todo temas sociais; sendo desta maneira un dos centros mais efectivos de politización universitaria[2].

Entre os seus membros destacan, Losada Rodríguez, Díaz de Robles,Neira de Mosquera,Romero Ortiz, J.M. Rodríguez Carracido, Valenzuela y Ozores, Domínguez Izquierdo,Vicente Manuel Cociña;José María Posada,os irmáns Rúa Figueroa e participando Francisco Añón, Leopoldo Martínez Padín,J.María Gil, Joaquín Amigo, Antolín Faraldo, Augusto Ulloa, Alberto camino e outros destacados literatos e activistas políticos como Bermúdez Cedrón,Taboada y Terrazo e Garea. A maior parte deles militaban no partido progresista, no partido moderado ou compórtanse como tales, deron en ser a primeira elite galega que servirián para que agromase o Rexurdimento e ao Provincialismo,sementando a raíz do galeguismo e algúns mesmo participando no levantamento de 1846 debido ó seu compromiso con Galicia iniciando unha nova prensa a través do romanticismo social de Víctor Hugo.

Este compromiso con Galicia coincide co fenómeno da crise de identidade da Fidalguía en Galicia, estamento social ao que pertence a maioría, que vendo que é imposible a volta ó absolutismo loita polo liberalismo rexionalista e gobernar o seu pobo e non que o fagan os de fora, pondo isto de manifesto co levantamento de Solís, no que confluen diversos estamentos e Romero Ortiz e Antolín Faraldo prestan apoio a formar o Batallón Literario pra axudar ás tropas provincialistas axudando xa como enlaces e combatentes.

Notas

  1. Neira de Mosquera "Monografías de Santiago"Santiago,1850, reproducidos en Monografías de Santiago y dispersos, por B, Varela Jácome,santiago 1960,pp-177.194
  2. X.R. Barreiro Fernández "El levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo"Santiago de Compostela,1977 Editorial Pico Sacro