Alhama de Almería: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: cbk-zam:Alhama de Almería (Almería)
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
=== Época musulmá ===
O nome de Alhama provén do [[lingua árabe|árabe]] ''alhamman'' traducido como ''auga sagrada'', o que da a entender a relevancia que tivo o actual Balneario de San Nicolás. A existencia dunha fortaleza de carácter defensivo, o seu enclave estratéxico e os seus baños termais contribuíron, a dotar de importancia e prestixio á vila. Esta fortaleza, coñecida como "Los Castillejos", construída a finais do século XIII, foi o cuartel do mítico "Señor de Alhama", [[Azomar]]. Este árabe ousou rebelarse contra o poderoso califa cordobés [[Abderramán III]], morrendo tras unha oposición de máis de seis anos.
[[Al-Idrisi]], famoso xeógrafo árabe da segunda metade do século XII, ofreceunos algúns detalles sobre a Alhama musulmá:" A seis millas de Pechina está Alhama, fortaleza situada no alto do monte. Os viaxeiros de afastados países relatan que non existe no mundo outra que sexa máis sólida nin outro lugar cuxas augas termais manen a tan cálidas. Desde todos os puntos cardinais acoden alí enfermos que permanecen ata verse aliviados das súas doenzas o completamente curados. Os habitantes de [[Almería]] viñan antes a repousar coas súas mulleres e fillos. Empregaban alí grandes sumas en comer, beber e outros praceres e o alugueralugueiro dunha habitación podía alcanzar os 3 dinares almorábides ó mes. Os montes que rodean Alhama son moi ricos en xeso; esa sustancia extraese, queimase e é transportada cara [[Almería]] para ser empregada no ensamblaxe das pedras dos edificios.''
 
Nesta época, e como recolle Luis Mármol de Carvajal na súa ''Historia de Rebelión y Castigo de los Moriscos del [[Reino de Granada|Reyno de Granada]]'', a cría de [[verme de seda|vermes de seda]] era tamén un florecente comercio no municipio. Actualmente, seguen conservándose centenarias moreiras e a cría destes vermes, aínda que non con fins comerciais, senón como entretemento infantil.