Diferenzas entre revisións de «Panfilia»

sen resumo de edición
(Nova páxina: '''Panfilia''' foi unha rexión da costa suroeste de Asia Menor, ao leste de Licia. Limitaba con Licia (ao oeste), Psidia (ao norte), Cilicia (ao leste) e o [[mar Medit...)
 
'''Panfilia''' foi unha rexión da costa suroeste de [[Asia Menor]], ao leste de [[Licia]]. Limitaba con Licia (ao oeste), [[Psidia]] (ao norte), [[Cilicia]] (ao leste) e o [[mar Mediterráneo]] (ao sur). A zona da costa formaba un golfo coñecido como ''[[Pamphylius Sinus]]'' ou ''[[Pamphylium Mare]]''. Tiña unha costa extensa pero cara ao interior non se prolongaba demasiado, pero os romanos a veces consideraron a Panfilia incluíndo Psidia.
 
Panfilia non foi provincia romana ata a división de [[ConstantínoConstantino I o Grande]] no [[século IV]], e antes formou parte da provincia chamada [[Licia e Panfilia]] con fronteira entre ambas rexións nos montes Clímax e fronteira con Cilicia no [[río Melas]], pero os límites non eran moi estritos xa que Olbia e [[Perge]], ao leste dos montes Clímax, serían consideradas a miúdo como parte de Licia e, en cambio, Perge, alén do río Melas, sempre foi considerada cidade de Panfilia.
 
O país era en xeral montañoso polas estibacións das [[montes do Tauro]] que se achegaban ata a mesma costa. O promontorio principal da costa era o ''Leucotheum'' ou ''Leucolla''.
Segundo [[Plinio]] o país chamouse antes Mopsopsia, de [[Mopso]], o xefe dun grupo de gregos que se estableceron alí despois da [[guerra de Troia]].
 
Sometido o país por Persia, os panfilios serían un pobo pouco importante que só aportou 30 barcos á guerra contra [[Atenas]] ao comezo do [[século -V]]. (os licios aportaron 50 e os cilicios 100). Sometidos facilmente a [[Alexandre o Grande]], á súa morte quedaron no poder de [[Antígono]] e, despois do [[-301]] dos [[seléucidas]]. Despois da paz de [[Apamea]] pasou a Roma ([[-188]]) e a rexión foi incorporada ao [[reino de Pérgamo]] co que pasou a Roma o [[-133]], formando parte da provincia de [[Asia, Provincia romana|Asia]]. Os panfilios participaron a miúdo nas piraterías dos seus veciños cilicios e os seus portos serían unha especie de refuxio de seguridade para os cilicios. Cando se creou a provincia de [[Cilicia]] foi incluída nela, pero retornou a Asia o [[-43]]; o [[-31]] foi incorporada a [[Galacia]] e o ano [[70]] creouse unha provincia que se chamou [[Licia e Panfilia]], da que formou parte. Baixo [[ConstantínoConstantino I o Grande]], antes do [[325]], a provincia dividiuse nas de Licia e de Panfilia.
 
As colonias gregas de Aspendo e Side ficaron como estados independentes en alianza con Persia, e despois con Macedonia e cos seléucidas, e serían cidades libres baixo os romanos ata o tempo de [[Vespasiano]].
52.639

edicións