Inmunoglobulina M: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 6:
A IgM forma [[polímeros]] constituídos por varias [[inmunoglobulina]]s unidas [[covalente]]mente por [[ponte disulfuro|pontes disulfuro]], principalmente formando un pentámero pero algunhas veces un hexámero. A IgM ten unha [[masa molecular]] de aprocimadamente 970 [[Dalton (unidade)|kDa]] na súa forma pentámera. Como cada [[monómero]] ten dous sitios de unión ao antíxeno, unha IgM pentámera ten dez. Porén, normalmente a IgM non pode unir antíxenos aos seus dez sitios de unión á vez porque o gran tamaño de moitos antíxenos dificulta a unión a sitios que estean próximos.
 
Nas IgM pentámeras encóntrase unha cadea proteica chamada [[cadea J]] (''joining chain''), pero non nas formas hexámeras, quizais debido ás constricións de espazo no complexo hexamérico. A cadea J é unha glicoproteína cun 12% de azucres e unha masa molecular de 15 kDa, que se une por pontes disulfuro á zona dos extremos Fc das inmunoglobulinas<ref name=Inmu>J. P. Martínez. Inmunología. Piramide. 1994. Páxinas 108, 122. ISBN 84-368-0828-2.</ref>. A IgM pentamérica pode tamén formarse en ausencia da cadea J. Actualmente, non está aínda claro que fracción dos pentámeros normais contén a cadea J, e se os pentámeros conteñen unha ou máis cadeas J.
<ref>Erik J. Wiersma, Cathy Collins, Shafie Fazel, and Marc J. Shulman. Structural and Functional Analysis of J Chain-Deficient IgM. J. Immunol., Jun 1998; 160: 5979 - 5989.</ref>