Paulo I de Rusia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
Ascendeu ao trono ao morrer a súa nai o [[17 de novembro]] de [[1796]]. O seu primeiro mandato foi para solicitar información sobre o testamento da falecida, e distribuílo, xa que rumoreábase que expresara os desexos de excluír a Paulo e deixar o trono a Alexandre, o seu neto máis vello. Estes temores contribuíron probablemente a promulgación das famosas [[Leis Paulinas]], que establecían o estrito principio da primoxenitura na dinastía [[Romanov]] e que non podían ser modificadas polos seus sucesores.
 
Durante o primeiro ano do seu reinado, Paulo cambiou moitas das reformas políticas da súa nai. Acusou a moitos de [[Xacobismo]] e exiliou a persoas só polo feito de levar roupa de estilo parisino ou ler libros franceses, tamén permitiu volver do exilio siberiano ao máis coñecido crítico de Catarina, [[Aleksandr Radíshchev|Radíschev]]. O exército, cando suspendeu [[expedición persa de 1796|o ataque a Persia]] organizado por Catarina, foi chamado á capital no plazoprazo dun mes da ascensión de Paulo. O seu pai foi soterrado con gran pompa no sepulcro real da [[Catedral de Pedro e Paulo]]. Para acabar co rumor da súa ilexitimidade Paulo respondeu alardeando da súa ascendencia de [[Pedro I de Rusia|Pedro o Grande]]. A inscrición no monumento de Pedro o Grande di "Para o Gran Avó do Gran Neto", unha sutil pero evidente burla do latín "PETRO PRIMO CATHERINA SECUNDA" , a pomposa dedicación de Catarina no "[[Xinete de Bronce]]", a máis famosa estatua de Pedro en [[San Petersburgo]].
 
En 1798 fixo entrar a [[Rusia]] na [[Segunda Coalición]] contra [[Francia]], enviando a [[Aleksandr Suvórov|Suvórov]] a loitar contra [[Napoleón]] en [[SuizaSuíza]] e a [[Fyodor Fyodorovich Ushakov|Ushakov]] para axudar a [[Horatio Nelson|Nelson]] nas súas operacións no Mediterráneo. En 1801 da un xiro a súa política exterior e cambia a unha neutralidade armada contra [[Gran Bretaña]].
 
O [[11 de marzo]] de [[1801]], Paulo foi asasinado no seu dormitorio do Castelo de San Miguel por unha banda de funcionarios despedidos encabezada por [[Levin Augusto, conde de Bennigsen|GeneralXeneral Bennigsen]], un hanoveriano ao servizo de Rusia. Entraron no seu dormitorio, e atoparon a Paulo agochado tras unhas cortinas. Os conspiradores trataron de obrigalo a firmar a súa abdicación. Paulo ofreceu certa resistencia, e un dos asasinos golpeouno cunha espada, sendo despois estrangulado e disparado ata a morte.
 
Sucedeuno o seu fillo [[Alexandre I de Rusia|Alexandre]], quen se atopaba no palacio e a quen o xeneral [[Nikolai Zubov]], un dos asasinos, anunciou a súa ascensión.