Diferenzas entre revisións de «Viana do Bolo»

 
== Patrimonio ==
A vila de Viana do Bolo ocupa un pequeno promontorio, rodeado por un dos brazos do [[encoro dedo Bao]], do [[río Bibei]]. En torno á praza Maior hai edificios barrocos con soportais, un frontón semicircular, pináculos, gárgolas e balconadas, xunto con galerías acristaladas e a fonte do pilón, monumento erguido en conmemoración do alzamento liberal liderado por [[Antonio Rodríguez Bordás]] que tivo lugar na vila en outubro de 1830, abortado coa execución na praza dos protagonistas da revolta.
 
A comarca de Viana conta con numerosas igrexas de orixe románica, destacando as de Bembibre, Grixoa e San Cibrao. A igrexa do Pai Eterno é un santuario neoclásico do século XVII, onde se celebra o día da Trindade unha romaría popular. A igrexa parroquial de Viana conserva restos románicos nas fiestras, de duplo arco de ferradura, con clara influencia [[arte mozárabe|mozárabe]].
25

edicións