Porina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 7:
 
==Estrutura==
As porinas están compostas por [[folla beta|cadeas β]], que están, en xeral, unidas por xiros beta no lado [[citoplasma|citoplásmico]] e por longos bucles de [[aminoácido]]s no outro. As cadeas β dispóñense de modo antiparalelo e forman un tubo cilíndrico, chamado [[barril beta|barril β]].<ref name="pmid9615433">{{cite journal |author=Schirmer T |title=General and specific porins from bacterial outer membranes |journal=J. Struct. Biol. |volume=121 |issue=2 |pages=101–9 |year=1998 |pmid=9615433 |doi=10.1006/jsbi.1997.3946 |url=}}</ref> A composición de aminoácidos das cadeas β das porinas é peculiar porque os residuos de aminoácidos polares e non polares son alternantes. Isto significa que os residuos non polares quedan mirando cara á fóra e interaccionan coa membrana lipídica non polar, mentres que os residuos polares están orientados cara á dentro mirando ao interior do barril beta para interaccionarinteraccionaren co canal acuoso.
 
O canal da porina está parcialmente bloqueado por un bucle (o ollo do poro), que se proxecta dentro da cavidade. En xeral, encóntrase entre as cadeas 5 e 6 de cada barril, e define o tamaño dos solutos que poden atravesar o canal. Está revestido case exclusivamente con aminoácidos cargados dispostos a cada lado do canal, creando un campo eléctrico transversal a través do poro. O ollo do poro ten un excedente local de cargas negativas por ter catro residuos de [[ácido glutámico]] e sete de [[ácido aspártico]] (en contraste cun residuo de [[histidina]], dous de [[lisina]]s e tres de [[arxininas]], que non o compensan), e está parcialmente compensado coa unión de dous ións calcio, e pénsase que esta disposición asimétrica da molécula ten unha influencia na selección de moléculas que poden pasar a través do canal.<ref>Branden and Tooze, Introduction to Protein Structure, second edition</ref>