Diferenzas entre revisións de «Praza.gal»

sen resumo de edición
O xornal desenvólvese usando unicamente [[software libre]] e o [[8 de febreiro]] do 2012 liberaron todo o [[código fonte]] das ferramentas coas que se crea e lle dan soporte, algunhas delas desenvolvidas pola empresa [[Galicia|galega]] [[A navalla suíza]] e outras xa existentes na rede. <ref>[http://praza.info/post/17264561101/o-codigo-fonte-de-praza-liberado O código fonte de Praza, liberado]</ref>
 
No seu inicio, o traballo xornalístico remunerado corría a cargo de tres persoas: [[Marcos Pérez Pena]], [[David Lombao]] e mais [[Lara Graña]]. Tras a marcha de Lara Graña incorporouse ao equipo o xornalista [[Miguel Pardo]].
 
Praza Pública difunde periodicamente [http://praza.com/buscar/?q=%22informe+de+transparencia%22 informes de transparencia] sobre a situación organizativa, social, económica e de audiencia deste medio de comunicación.
 
== Redes sociais e comunidade ==
 
Desde a súa creación, o diario Praza Pública apostou polas [[redes social|redes sociais]]. Así, ademais de ter presenza en [[Facebook]] e [[Twitter]], actualiza a diario unha sección de micromensaxes ("Fálase de...") que está sincronizada coa conta de Twitter.
 
Ás poucas semanas do lanzamento do xornal, actualizouse cunha nova sección, [http://praza.com/blogs/ Obradoiro], unha comunidade de blogs que se especializan cada un nunha temática concreta.
 
==Notas==
392

edicións