Aguilar de la Frontera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: ms:Aguilar de la Frontera
Calq (conversa | contribucións)
Liña 1:
{{Coordenadas|37|31|N|04|39|W|display=title}}
{{Cidade
|escudo = [[Ficheiro:Escudo de Aguilar de la Frontera.svg|90px]]
|bandeira = [[Ficheiro:Flag of Aguilar de la Frontera Spain.svg|150px]]
|imaxe = [[Ficheiro:Torre reloj.jpg|300px]]
|imaxe =
|pé = Torre do reloxo
|situación = [[Ficheiro:Aguilar-de-la-Frontera-mapa.png|200px]]
|país = {{ESPb}} [[España]]
Liña 21 ⟶ 23:
}}
'''Aguilar de la Frontera'''<ref>A locución "de la Frontera" alude á [[fronteira granadina]]</ref> é un [[concello]] [[Andalucía|andaluz]] situado no suroeste da [[provincia de Córdoba, España|provincia de Córdoba]]. O municipio atópase na [[comarca]] da [[Campiña Sur Cordobesa]] e é cabeza do [[partido xudicial]] do mesmo nome. As súas [[coordenadas xeográficas]] son 37º 31' N, 4º 39' O.<ref>[http://www.juntadeandalucia.es/institutodeestadisticaycartografia/sima/infmuns/sm14002i.htm Ubicación y coordenadas], Instituto de Estadística de Andalucía.</ref> Atópase a unha altitude de 280 [[msnm]]<ref name="SIMA">[http://www.juntadeandalucia.es/institutodeestadisticaycartografia/sima/htm/sm14002.htm Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía], [[Junta de Andalucía]].</ref> e a uns 50&nbsp;km da capital de provincia, [[Córdoba, España|Córdoba]]. A súa superficie é de 167,6&nbsp;km².<ref name="SIMA"/> No ano [[2008]] contaba con 13.692 habitantes e unha densidade de poboación de 82,01 hab/km².<ref>[http://www.ine.es/ Páxina] do Instituto Nacional de Estatística de España.</ref>
 
== Historia ==
=== Época romana ===
Aguilar de la Frontera é a antiga Ipagrum ibero-romana, involucrada na [[batalla de Munda]], que enfrontou os partidarios de [[Xulio César|César]] cos de [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]]. Precisamente deste período son os seus restos máis antigos, unha necrópole de grandes dimensións. Sobre a etimoloxía do nome existen diferentes versións. Para uns, Ipagrum significaría "campo alto", mentres que outros opinan que a orixe é turdetana-grega, provindo o nome do grego ''hippos'', isto é, cabalo. Actualmente existe no termo de Aguilar un lugar denominado Llano de los Caballos.
 
=== Idade Media ===
A conquista musulmá da cidade fixo que pasara entón a denominarse Bulay ou Poley, quizais derivando do grego. A derrota, o [[5 de abril]] do ano [[891]], dos seus poboadores cristiáns e das tropas rebeldes fronte ás tropas do emir Abdallah, fixo que a poboación pasara a pertencer á cora de [[Cabra, Córdoba|Cabra]]. Algún tempo máis tarde, no [[século XI]], Poley foi incluída no [[Zirí|reino zirí de Granada]].
 
O nome actual de Aguilar foille dado tras a conquista cristiá. Foi o monarca [[Fernando III de Castela|Fernando III ''o Santo'']] quen a gañou para [[Reino de Castela|Castela]] no ano [[1240]]. O primeiro gobernador cristián foi un portugués procedente dunha familia toledana, [[Gonzalo Táñez de Aguilar|Gonzalo Yáñez d'Ovinhal]], que a recibiu en forma de Señorío de Aguilar. D. Gonzalo era fillo de Juan Gomez de Obiñal, Rico-home de Portugal, e de María Pérez de Aguilar, filla dos señores da vila de Aguiar en Portugal. Xa con [[Afonso X o Sabio|Afonso X]] é cando a poboación pasa a denominarse Aguilar, nome da familia da nai de don Gonzalo, compensando así a este o monarca pola prestación dalgúns servizos. Finalmente, o cualificativo "da fronteira" venlle dado pola súa proximidade á fronteira granadina durante a [[Baixa Idade Media]].
 
Ao inicio do reinado de [[Pedro I de Castela|Pedro I]], Alfonso Fernández Coronel, que recibira só facía uns meses o señorío, revelouse contra o rei. O grito de "Aguilar, Aguilar" fixérase habitual entre os rebeldes en Castela desde principios dese século, así que, reprimida a rebelión, Pedro I decidiu cambiar o nome de Aguilar polo de Monterreal, e o escudo da aguia polo dun rei sentado coa espada desenvaiñada.
 
Despois das guerras civís castelás, que enfrontan a Pedro I e [[Henrique II de Castela|Henrique II]], a vila pasa a pertencer a [[Gonzalo Fernández de Córdoba]]. Os [[século XVII|séculos XVII]] e [[século XVIII|XVIII]] representan unha etapa de decadencia e crise para a localidade, debido ao forte descenso poboacional ocasionado polas epidemias.
 
=== Século XX ===
Xa no [[século XX]], a represión política que afectou España tras a vitoria das tropas de [[Francisco Franco|Franco]] implicou de cheo a Aguilar, resultando afectados moitos dos seus cidadáns.
 
== Notas ==