Ricardo III de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 16:
 
==Revoltas e deposición de Ricardo III==
O reinado de Ricardo apenas durou dous anos, salpicados de revoltas na súa contra. Dende o principio perseguírono as sospeitas de ter asasinado os seus dous sobriños, os fillos de Eduardo, o que fixo que se considerara entre o pobo como unha figura maldita. A primeira revolta seria tivo lugar en 1483 e foi protagonizada por un antigo aliado seu, o Duque de Buckingham, en favor do pretendente ó trono Henrique Tudor, o futuro rei [[Henrique VI]]. A pretensión deste ó trono baseábase en que era fillo de [[Margarita de Beaufort]], unha prima-irmá do rei [[Henrique IV de Inglaterra|Henrique IV]], que casara con [[Edmundo Tudor]], Conde de Richmond, membro da nobreza galesa. Na revolta capturaron a Buckingham e executárono, pero non así a Henrique Tudor, quen se refuxou en Bretaña. No verán de [[1485]] Henrique volveu tentalo. Desembarcou no oeste de [[Gales]], onde contaba cun forte apoio pola súa propia ascendencia familiar, e dirixiuse cara a [[Leicester]] sen atopar ningunha resistencia. Polo camiño mesmo se xuntaran ós dous mil homes cos que desembarcara simpatizantes galeses, que o identificaban como un símbolo do rexurdimento do pobo galés. O [[22 de agosto]] atopáronse co exército de [[Ricardo III]] en [[Bosworth]]. Ricardo dirixiu persoalmente o ataque contra as tropas de Henrique, pero en medio da carga caeu ó chan lamacento, onde un grupo de soldados acabaron coa súa vida. Para deixar claro que perdera a súa condición real, espiron o seu corpo, transportárono nun cabalo de carga ata Leicester, e enterrárono sen ningún tipo de pompa nun lugar descoñecido. En febreiro de 2013 confirmouse definitivamente que o restos atopados no subsolo dun aparcadoiro público da cidade de Leicester, no lugar que outrora ocupaba a Igrexa dos Greyfriars, correspondían ós do corpo do monarca. A análise<ref>[http://www.guardian.co.uk/uk/2013/feb/04/richard-third-skeleton-confirmed-leicester?intcmp=239]</ref> do esqueleto tamén confirmou que o corpo, xa de morto, fora obxecto de importantes feridas vexatorias, salvo na cara, o que da a entender a vontade de poder probar que o corpo era o de Ricardo. A análise confirma igualmente a lenda de que Ricardo tiña unha enorme chepa, vítima dunha dolorosa [[escoliose]] dende neno.
 
== Ricardo III e Shakespeare ==