Ricardo III de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 18:
O reinado de Ricardo apenas durou dous anos, salpicados de revoltas na súa contra. Dende o principio perseguírono as sospeitas de ter asasinado os seus dous sobriños, os fillos de Eduardo, o que fixo que se considerara entre o pobo como unha figura maldita. A primeira revolta, xa en 1483, seria foi a organizada por un antigo aliado seu, o Duque de Buckingham, en favor do pretendente ó trono Henrique Tudor, o futuro rei [[Henrique VI]]. A pretensión deste ó trono baseábase en que era fillo de [[Margarita de Beaufort]], unha prima-irmá do rei [[Henrique IV de Inglaterra|Henrique IV]], que casara con [[Edmundo Tudor]], Conde de Richmond, membro da nobreza galesa. Na [[revolta de Buckingham]] capturárono e executárono, pero non así Henrique Tudor, quen se refuxiou en Bretaña. No [[verán]] de [[1485]] Henrique volveu tentalo. Desembarcou en no oeste de [[Gales]], onde contaba cun forte apoio pola súa propia ascendencia familiar e dirixiuse cara [[Leicester]] sen atopar ningunha resistencia. Polo camiño mesmo se xuntaran ós dous mil homes cos que desembarcara simpatizantes galeses, que o identificaban como un símbolo do rexurdimento pobo galés. O [[22 de agosto]] atopáronse co [[exército]] de [[Ricardo III]] en [[Bosworth]]. Ricardo dirixiu persoalmente o ataque contra as tropas de Henrique, pero en medio da carga caeu ó chan lamacento, onde un grupo de soldados acabaron coa súa vida. Para deixar claro que perdera a súa condición real, espiron o seu corpo, transportárono nun cabalo de carga ata Leicester, e enterrárono sen ningún tipo de pompa nun lugar descoñecido. En febreiro de 2013 confirmouse definitivamente que o restos atopados no subsolo dun [[aparcadoiro]] público da cidade de Leicester, no lugar que outrora ocupaba a Igrexa dos Greyfriars, correspondían ós do corpo do monarca. A análise do esqueleto tamén confirmou que o corpo, xa de morto, fora obxecto de importante [[ferida]]s vexatorias, salvo na cara, o que da a entender a vontade de poder probar que o corpo era o de Ricardo. A análise do esqueleto tamén confirma a lenda de que Ricardo tiña unha enorme chepa, vítima dunha dolorosa [[escoliose]] dende neno.
 
==Ricardo III na literatura==
== Ricardo III e Shakespeare ==
A figura de Ricardo III pasou sobretodo á posteridade polo retrato que del fai Shakespeare na súa traxedia homónima. Shakespeare enfatiza os rasgos máis negativos do personaxe, amplificando o labor de desprestixo da súa figura levada a cabo polos Tudor: Ricardo engana a Anne Neville para que se case con el, é o frío asasino dos seus sobriños e tamén engana a seu irmán maior Xurxo para quedarse co trono. No campo de batalla de Bosworth Shakespeare faille dicir a famosa frase: "Un cabalo, un cabalo, o meu reino por un cabalo."