Gramíneas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 72:
* [[Antecio]]s. Os antecios (''casa floral'', en [[lingua grega|grego]]) poden ser desde un até varios. Están formados por dúas brácteas, as glumelas, que pechan á flor. Nalgúns xéneros os antecios despréndense cun fragmento da raquiña, frecuentemente cuberto de pelos que forma o ''antopodio'' ou ''callus'' ''([[Aristida]], [[Stipa]])''. Noutros xéneros con glumas caducas co antecio, hai un callus formado polo ápice do pedicelo (exemplo, en ''[[Heteropogon]]''). A glumela inferior está xeralmente máis desenvolvida e denomínase ''[[lemma]]''; é a bráctea onde se desenvolve a flor; a lemma é ovada ou lanceolada; comprimida lateral ou dorsalmente, cunha ou varias nervaduras, aguda ou obtusa, mútica ou cunha ou máis arestas apicais ou dorsais. A glumela superior ou ''pálea'' é o profilo situado entre a flor e a raquilla; xeralmente é menor que a lemma e está máis ou menos cuberta polos bordos desta; adoita ser de consistencia membranosa, e posúe polo común dúas nervaduras prominentes formando dúas carenas. A pálea pode estar atrofiada ou, mesmo, faltar.
* [[Flor]]. A flor é espida (carece de cáliz e corola), mais está acompañada xeralmente por dúas (raramente tres) pequenas pezas escamosas traslúcidas, chamadas ''lodículas'', que constitúen un resto de [[perianto]]. A flor pode ser [[hermafrodita]] ou [[unisexual]]. En moitos xéneros os antecios levan flores hermafroditas, salvo os superiores que son masculinas. En cambio, en moitas Paníceas, hai un antecio inferior masculino e un superior hermafrodita. Outras veces hai espiguillas masculinas e espiguillas femininas na mesma planta (o caso de ''[[Zea mays]],'' especie [[diclina (botánica)|diclino monoica]]) ou en plantas distintas (exemplo, no subxénero ''Dioicopoa'' de ''[[Poa]]'', constituído por especies [[diclina (botánica)|diclino dioicas]]). As lodículas semellan ser restos dun perianto trímero e aínda existen 3 lodículas nalgúns xéneros de Bambúseas e nalgunhas especies de ''[[Stipa]].'' A turxencia das lodículas determina a apertura do antecio permitindo a saída ao exterior dos estames e estigmas (momento que se chama floración). A morfoloxía das lodículas ten importancia sistemática. Así mesmo, as flores adoitan posuír algún destes dous tipos de compresión, importantes taxonómicamente: ou están comprimidas lateralmente (de forma que a lemma e a pálea obsérvense a ambos os dous lados da cara comprimida), ou están comprimidas ventralmente (de xeito que cada cara comprimida posúa á lemma ou á pálea).
** [[Androceo]]. O androceo nas gramíneas é cíclico e en xeral trímero (é dicir, está composto por tres estames, ou un múltiplo de tres).[[Ficheiro:Holcus.mollis.3.jpg|miniatura|dereita|150px|Flores en antesis de ''Holcus mollis'', obsérvense os estigmas plumosos e os estames.]] O número máis frecuente de [[estame]]s é 3, mais en moitas especies de Oríceas e de Bambúseas hai de 6 a 9 (ás veces máis). En troques, en ''Imperata brasiliensis'' hai un só estame e dous no xénero ''[[Anthoxanthum]]''. As [[antera]]s son biloculares e insérense sobre [[filamento (Botánicabotánica)|filamentos]] estreitos e máis ou menos longos. Os grans de [[pole]] son relativamente pequenos, con paredes moi tenues, liviáns, teñen un só poro xerminativo (dinse ''monoporados'') e están adaptados a ser levados polo vento desde os estames até os estigmas doutras plantas (a [[polinización]] é anemófila).
** [[Xineceo (botánica)|Xineceo]]. O xineceo está formado por un [[ovario (Botánicabotánica)|ovario]] globoso, piriforme ou fusiforme, xeralmente [[carpelo|bicarpelar]], unilocular, con dous [[Estilo (flor)|estilos]] curtos e [[estigma (Botánicabotánica)|estigmas]] plumosos. Nalgunhas Bambúseas o ovario é tricarpelar e leva 3 estilos. Cando hai 3 carpelos, a peza adaxial é fértil (Kircher 1986). En ''[[Euchlaena]]'' e ''[[Zea]]'' existe un só estilo acrescente. Dentro do [[ovario (Botánica)|ovario]], [[Xineceo (botánica)|xineceo|súpero]], hai un só [[óvulo (botánica)|óvulo]] anfítropo ou semi-anátropo, subapical ou case basal, de [[placentación]] parietal. Algúns pastos teñen óvulos péndulos, [[óvulo (botánica)|átropos]]. A parede do megasporanxio pode ser delgada ou grosa. En moitas especies de gramíneas existen flores [[cleistogamia|cleistógamas]] en inflorescencias reducidas situadas nas axilas das follas inferiores.<ref name="Parodi">Parodi, L.R. 1987. Gramíneas. En: ''Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería.'' Tomo I. Descripción de plantas cultivadas. Editorial ACME S.A.C.I., Buenos Aires, PP: 108-182</ref><ref name="Cabrera">Cabrera, A. L., Cámara Hernández, J., Caro, J.; Covas, G.; Fabris, H., Hunziker, J., Nicora, E., Rugolo, Z., Sánchez, E., Torres, M. (1970), «Gramineae, parte general.» Flora de la Provincia de Buenos Aires: Gramíneas., Colección Científica del INTA. Tomo IV, parte II., 1-18. </ref>
 
=== Froito ===