Wikipedia:Zona de probas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 27:
 
== O seu papel durante o reinado de Eduardo IV ==
Ricardo casou en 1472 con Ana Neville, filla de Warvik e viúva do Príncipe de Gales, falecido na Batalla de Tewkesbury. Este matrimonio non foi visto con bos ollos por seu irmán Xurxo, quen casara coa irmá de Ana e ambicionaba herdar as inmensas posesións de Warwick. O rei Eduardo IV, irmán maior de Ricardo de Gloucester e de Xurxo de Clarence, acabou por simpatizar coa causa do primeiro e Clarence caíu en desgraza, ata quque ó final foi executado por traizón. De feito, Clarence xa se tiña aliado con Warwick e co rei Luís XI para expulsar do poder a Eduardo e repoñer a Henrique VI. Eduardo volveu recuperar o trono tras volver do seu exilio nas terras do seu cuñado o Duque de Borgoña, momento no cal Clarence decidira abandoar a Warwick e reconciliarse co seu irmán. Dende a volta definitiva de Eduardo ó poder Ricardo desempeñou un papel moi relevante, sobretodo no control do norte de Inglaterra. Na cidade de York gozaba dun gran apoio e admiración. Ricardo estivo á fronte ata o seu ascenso ó poder dunha nova institución, o Concello do Norte, que creara en 1472 Eduardo para promover o desenvolvemento económico e contribuír ó mellor goberno da rexión. Ricardo desempeñou igualmente un papel destacado na contención dos intentos de invasión lanzados a partir de 1480 sobre o norte de Inglaterra polos escoceses, alentados polo rei de Francia. Ricardo malogrou eses intentos e mesmo recuperou a cidade de Berwick, parte do territorio inglés anexionado anteriormente por Escocia, grazas ao establecemento de pactos coa nobleza local e aproveitando as divisións internas no seo da realeza escocesa.
 
== O ascenso ó poder e o misterio dos Príncipes da Torre ==