Toscana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Época Moderna: Imperio austríaco
Liña 201:
O patrimonio desta rexión engloba a arquitectura, a pintura e a escultura, obras expostas en ducias de museos como o dos Uffizi en Florencia e "in situ" mesmo en poboacións moi pequenas. A Toscana tamén é moi coñecida polos seus viños (os máis famosos os de Chianti, Morellino dei Scansano e Brunello dei Montalcino) e ten 120 reservas naturais.
 
Hai cidades pequenas como [[Arezzo]], [[Lucca]], [[Sansepolcro]], [[Cortona]] ou [[Volterra]] que acentúan aínda máis o atractivo desta rexión, berce de personaxes como [[Dante Alighieri]], [[Giovanni Boccaccio]] ou [[Sandro Botticelli]], de [[Florencia - Firenze|Florencia]]; [[Miguelanxo]], nacido en [[Caprese Michelangelo|Caprese]]; [[Piero della Francesca]], orixinario de Sansepolcro; [[Guido de Arezzo]] ou [[Francesco Petrarca]], naturais de Arezzo; [[Giovanni da Verrazzano]], orixinario de Volterra; [[Luca Signorelli]] e [[Pietro da Cortona]] naturais de Cortona; [[Galileo Galilei]] de [[Pisa]] ou [[Leonardo da Vinci]].
 
Destinos turísticos de interese en Toscana son Florencia, Pisa, Lucca, Cortona, Maremma (na provincia de Grosseto), Crete Senesi e Siena. Aínda que é moi famosa polas súas vilas, a Toscana está actualmente promocionando o agroturismo.