Antonio Salieri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: eu:Antonio Salieri
m →‎Comezos: María Tareixa I de Austria
Liña 11:
 
===Comezos===
Despois de estudar [[violín]] con [[Giuseppe Tartini]], trasladouse trala morte dos seus pais xunto ó seu irmán Francesco, primeiro a [[Padua]] e logo a [[Venecia]], para aprender a arte do [[contrapunto]] na escola de [[Giovanni Pescetti]]. En Venecia coñeceu a [[Leopoldo Gassmann]], ''Kapellmeister'' en Viena, que o levou con el en 1770 á capital austriaca, á corte de [[JoséXosé II de Habsburgo]]. Á morte de Gassmann, en 1774, asumiu o papel de compositor da corte.
 
Xa neste posto, despois das súas primeiras óperas (''Le Donne letterate'', de 1770, e ''Armida'', de 1771), seguiu a composición da ópera que o consagrou no panorama musical da época, ''[[L'Europa riconosciuta]]'', encargada pola emperatriz [[MariaMaría TeresaTareixa I de Austria]] e que inaugurou o 3 de agosto de 1778 o ''Nuovo Regio Ducal Teatro'' (actual [[Teatro de La Scala]]) de [[Milán]]. Esa mesma ópera escenificouse na reapertura do teatro o 7 de decembro de 2004 tras un longo período de restauración.
 
Salieri, que coñecera en Venecia a [[Pietro Metastasio|Metastasio]] e a [[Franz Joseph Haydn|Haydn]], do que foi moi amigo, viaxou moito durante a súa vida para seguir as representacións das súas moitas óperas. Viviu durante certo tempo en [[París]] (onde coñeceu a [[Christoph Willibald Gluck|Gluck]], a [[Niccolò Piccinni|Piccinni]] e a [[Hermann Hasse|Hasse]]), Milán, Venecia e [[Roma]]. Foi un dos autores máis prolíficos, tanto en música de cámara e sacra como de óperas "á italiana"' da súa época.