Diferenzas entre revisións de «Astrocitoma»

== Tratamento ==
O tratamento do astrocitoma pode ser cirúrxico, mediante radioterapia ou mediante quimioterapia.
Para os astrocitomas de baixo grao, isto é, os de tipo I e algúns de tipo II, a exérese cirúrxica ou extirpación do [[tumor]] polo xeral permite a sobrevivencia da maioría dos [[doente]]s. Nalgunhas series de estudo demostrouse que a extirpación do tumor proporcionaba unha sobrevivencia de máis do 90% aos 7 anos de se extraer o tumor. A [[quimioterapia]] e a [[adioterapiaradioterapia]] empréganse ás veces como tratamento complementario previamente ou posteriormente á intervención cirúrxica.
Algúns tumores coma os astrocitomas pilocíticos, son procesos indolentes que permiten a función neurolóxica malia a súa presenza. Porén, o feito de deixalos sen atención médica pode facer que evolucionen aparecendo transformacións neoplásicas e posíbeis [[metástase]]s. A extirpación cirúrxica completa do tumor non é posíbel por mor da existencia de infiltración difusa no parénquima cerebral da maioría dos astrocitomas. É por iso que os astrocitomas de alto grao (tipo III e IV) poden recidivar co tempo, facendo recaer da doenza ao paciente.
En astrocitomas avanzados nos que o tratamento cirúrxico é imposíble, o tratamento baséase na terapia paliativa con [[quimioterapia]] ou [[radioterapia]]. Ocasionalmente empréganse [[corticoide]]s, sobre todo nos astrocitomas de alto grao.
4.511

edicións