Nogueira común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Taxobox
| name = Nogueira común
| status = NT
| status_system = IUCN3.1
| image = Koeh-081.jpg
| image_width = 250px
| regnum = [[Plantae]]
| divisio = [[Magnoliophyta]]
| classis = [[Magnoliopsida]]
| ordo = [[Fagales]]
| familia = [[Juglandaceae]]
| genus = ''[[Juglans]]''
| species = '''''J. regia'''''
| binomial = ''Juglans regia''
| binomial_authority = [[L.]]
| synonyms = ''Juglans duclouxiana'' [[Dode]]
''Juglans fallax'' [[Dode]]
''Juglans kamaonia'' (C. de Candolle) [[Dode]]
''Juglans orientis'' [[Dode]]
''Juglans regia'' var. ''sinensis'' [[C. de Candolle]]
''Juglans sinensis'' (C. de Candolle) [[Dode]]

[[Ficheiro:Juglans regia Broadview.jpg|miniatura|dereita|''Juglans regia'']]

A '''nogueira común''' ('''''Juglans regia''''') e unha [[nogueira]] nativa dos [[Balcáns]], Asia central e do sudoeste pasando polos montes [[Himalaias]] ata o sueste da [[China]]. Os bosques nativos máis grandes atópanse no [[Quirguicistán]], a uns 1000-2000 m de altitude, especialmente en Arslanbob na provincia de [[Jalal-Abad]]. Cultivada en Galicia dende a antigüidade, naturalizada no leste do país.

A nogueira común é unha árbore caducifolia que chega a medir ata 25 ou 35 metros, con troncos de ata 2 metros de diámetro. En xeral o tronco é curto e a carrouceira ampla, en especial nos exemplares illados é unha especie que esixe zonas ben soleadas para medrar ben. A casca é suave de cor gris prateado, espallada con amplas gretas máis ásperas. Coma tódalas nogueiras o [[endocarpo]] das polas máis finas ten bolsas de aire. As follas ordénanse en espirais de entre 25 e 40 cm son imparipinnadas, con de 5 a 9 follas por grupo. As follas máis longas son as tres de cada ápice. 10-18 cm ó longo e 6-8 cm ó ancho. O par de follas basais é moito máis pequeno: 5-8 cm de lonxitude. As flores masculinas son [[amentos]] colgantes de 5 a 10 cm. de lonxitude, as femininas son terminais, agrúpanse en acios de dúas a cinco flores que, no outono, maduran en forma dun froito de casca verde e semiflexible que cobre unha carabuña engurrada de cor marrón: a [[noz]]. O froito enteiro, incluída a casca, cae no outono. A semente é grande, cuberta dunha pel fina e comestible.