Red Hot Chili Peppers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
Slovak e Irons, á súa vez, estaban noutro grupo chamado What is This?, pero os membros máis permanentes dos Chili Peppers (Anthony e Flea) xa non quixeron entrar no mercado punk. A primeira actuación deles foi no Rhythm Lounge, á cal acudiron 30 persoas.<ref>[http://mundomusica.portalmundos.com/red-hot-chili-peppers/ MundoMúsica &raquo Red Hot Chili Peppers<!-- Título xerado por un bot -->]</ref> Para ese concerto compuxeran unha canción inspirada claramente pola fusión de [[punk]], [[rap]] e [[funk]] do sinxelo "The Magnificient Seven" de [[The Clash]], pero coa nova actitude salvaxe e maior velocidade do [[hardcore punk|hardcore]], a despois coñecida coma "Out in L.A.". O rendemento eo vivo da banda foi tan bo que se lles pediu regresar a semana seguinte. Debido a este inagardado éxito, os membros da banda trocaron o nome polo de Red Hot Chili Peppers, debido a que veron o nome orixinal un pouco incómodo.<ref>[http://www.mtv.es/musica/artistas/the-red-hot-chili-peppers MTV.es | Música | Actualidad | The Red Hot Chili Peppers<!-- Título xerado por un bot -->]</ref> Logo seguiron realizando varios concertos por clubes de L.A. e cabarets coma o Kit Kat Club. É nestes primeiros intres cando comezan a facerse populares polas súas actuacións nas que aparecían completamente nús, con só un calcetín nos xenitais. Seis das cancións que tocaban neses shows foron gravadas na súa primeira demo.<ref>[http://letrasmp3.com/Artista-Red-hot-chili-peppers_111.html Red hot chili peppers - letras de canciones - letrasmp3.com<!-- Título xerado por un bot -->]</ref>
 
Varios meses despois da súa primeira actuación, a banda firmou coa compañía discográfica EMI. Pero, dúas semanas antes, What Is This? obtivera un contrato con MCA, polo que Slovak e Irons deixaron Red Hot Chili Peppers e dedicáronse a What is this?.<ref>[http://www.terra.com.ve/canales/teens/ellos/30-09-2002/nota68932.shtml Teens<!-- Título xerado por un bot -->]</ref> Kiedis e Flea non pensaron en disolver a banda, senón que decidiron recrutar a novos membros. [[Cliff Martínez]], un coñecido de Flea, pediu sumarse aos Chili Peppers pouco despois. Tamén se uniría Jack Sherman, o rei pirata.<ref>[http://www.discaffinity.com/esen/componente_Jackcomponent/jack-Sherman.htmlsherman DiscAffinity - Discos de Jack Sherman<!-- Título xerado por un bot -->]</ref>
 
Andy Gill, o guitarrista de [[Gang of Four]], tamén pioneiros na incorporación do [[funk]] ao estilo [[punk]], foi contratado para producir o seu primeiro álbum.<ref>[http://www.musica.com/letras.asp?info=34460&biografia=318&idf=5 Biografía de Red Hot Chili Peppers - MUSICA.COM<!-- Título xerado por un bot -->]</ref> A pesar de que Kiedis e Flea dubidaron, el empurrou á banda a tocar música máis viábel comercialmente. Nun principio Kiedis quería titular o disco ''True men don't kill coyotes'', pero a compañía quería que o título fose ''[[The Red Hot Chili Peppers]]'', ao que o grupo tivo que acceder finalmente. O disco saiu o [[10 de agosto]] de [[1984]] e foi un fracaso comercial.<ref>[http://www.todomusica.org/red_hot_chilli_peppers/ Red Hot Chilli Peppers: discos, letras, biografia e fotos<!-- Título xerado por un bot -->]</ref> Vendeu aproximadamente 25.000 unidades e obtivo pouco recoñecemento. A seguinte xira estivo un pouco mellor, aínda que Kiedis e Sherman tiñan unha relación moi tensa. Sherman foi despedido pouco despois e Slovak regresou á banda, despois de fartarse de What is This?.