Opsonina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
[[Ficheiro:Opsonin.png|miniatura|Acción das opsoninas: unha célula fagocítica recoñece as opsoninas na superficie dun antíxeno, grazas aos seus receptores Fc.]]
As opsoninas son moléculas que actúan como receptores na superficie das células que facilitan a [[fagocitose]] ou activan o [[sistema de complemento]]. O termo opsonina úsase principalmente para referirse aos aos [[anticorpo]]s [[IgG]], que cobren as membranas das células e facilitan a fagocitose ao expoñeren os extremos Fc de ditos anticorpos ás células fagocíticas, que teñen receptores para eles. As igM tamén se consideran opsoninas, xa que activan o sistema de complemento, aínda que non son efectivas na activación da fagocitose, porque as [[fagocito|células fagocíticas]] non teñen receptores Fc específicos para as IgM. Ás veces tamén se chaman opsoninas ás moléculas que se unen á célula para a súa destrución a través da acción das [[célula NK|células asasinas naturais]] (NK). As opsoninas recobren o antíxeno e son unha ponte entre o antíxeno e o fagocito.
 
Foron descubertas en 1903 por Almroth Wright, que describiu que a fagocitose era reforzada por anticorpos específicos (é dicir, as opsoninas). O seu nome procede do grego ''opson'', condimento.
 
==Mecanismo==
Tanto a membrana das células fagocíticas coma a das células que van ser fagocitadas teñen carga negativa, o que fai, en principio, difícil que as dúas células se acheguen demasiado. Unha vez que as opsoninas se unen á súa célula diana, a carga negativa superficial queda enmascarada, aínda que non desaparece. A opsonina o que fai é simplemente superar esa carga, facendo que lles sexa máis fácil aos [[leucocito]]s levar a cabo a fagocitose. Durante o proceso de ''opsonización'', os antíxenos están rodeados de anticorpos (ou de moléculas do complemento). As células fagocíticas expresan receptores Fc cos que se unen ás moléculas dos anticorpos, e receptores CR1, que se unen ao C3b do complemento. Cando o antíxeno está cuberto por opsoninas a unión dos fagocitos ao antíxeno se ve moi facilitada. De feito, na maioría dos casos a unión dos fagocitos aos antíxenos non pode ocorrer sen que se produza opsonización.<ref>Delves, P. J.; Martin, S. J.; Burton, D. R.; Roit, I. M. (2006), Roitt's Essential Immunology (11th edición), Malden, MA: Blackwell Publishing, ISBN 1405136030.</ref>
 
Ademais da fagocitose, a opsonización do antíxeno e a súa unión aos fagocitos causa un aumento da expresión dos receptores para o complemento nos fagocityos veciños.