Panzer I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Básico de en.wiki
 
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 15:
O '''Panzer I''' foi un [[carro de combate]] lixeiro producido en [[Alemaña]] nos anos 30. O nome procede de '''Panzerkampfwagen I''' (que significa vehículo blindado de combate), abreviado como ''PzKpfw I''. A designación oficial dentro do exército era [[Sd.Kfz.|SdKfz]] 101 (vehículo de propósitos especiais 101).
 
O deseño do Panzer I comezou en [[1932]], e a produción en masa en [[1934]]. Pretendía ser só un carro de combate de adestrament para introducir o conceto da guerra blindada no exercito alemán, e combatíu en [[España]] na [[Guerra Civil Española]], en [[Polonia]], [[Francia]], a [[Unión Soviética]] e o norte de [[África]] durante a [[Segunda Guerra Mundial]], e en [[China]] durante a [[Segunda Guerra Sino-Xaponesa]]. A experiencia co Panzer I durante a Guerra Civil Española axudou a formar os corpos acourazados alemáns que invadiron Polonia en [[1939]] e Francia en [[1940]]. Cara [[1941]], o deseño do chasis do Panzer I foi usado para a produción de [[cazacarrocazacarros]]s e [[canón de asalto|canóns de asalto]]. Houbo intentos de mellorar o Panzer I ao longo da súa historia de servizo, realizados tamén por países estranxeiros, para ampliar a vida útil do deseño. O carro de combate continuou servindo nas forzas armadas españolas ata [[1954]].
 
O comportamento en combate do Panzer I estivo limitado pola súa delgada blindaxe e o seu armamento lixeiro formado por dúas metralladoras multipropósito. Como un deseño destinado o adestramento, o Panzer I non foi tan capaz como outros carros lixeiros da época, como o soviético [[T-26]]. Aínda que era débil en combate, era unha parte importante en número da forza de tanques alemá e foi usado en todas as grandes campañas entre setembro de [[1939]] e decembro de [[1941]]. O pequeno e vulnerable carro de combate sería superado en importancia por carros alemáns máis coñecidos como o [[Panzer IV]], o [[Panther]] e o [[Tiger]]. Porén, a contribución do Panzer I ás primeiras vitorias da [[Alemaña Nazi]] durante a [[Segunda Guerra Mundial]] foi significativa.n