Mosteiro do Escorial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
O '''Mosteiro de San Lourenzo do Escorial''' é un complexo de [[palacio]], [[basílica]] e [[mosteiro]] situado [[San Lorenzo de El Escorial]], na [[Comunidade de Madrid]], [[España]], construído entre 1563 e 1584. É, desde [[1984]], [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[UNESCO]].
 
== Características ==
O palacio foi residencia da [[familia real española]], a basílica é lugar de sepultura dos [[Rei de España|reis de España]] e o mosteiro, fundado por [[Orde de San Xerome|monxes xerónimos]], está ocupado actualmente por frades da [[Orde de San Agustín]]. É unha das máis singulares arquitecturas [[Renacemento|renacentistas]] de [[España]] e de [[Europa]]. Situado en [[San Lorenzo de El Escorial]], ocupa unha superficie de 33.327 m², sobre a ladera meridional do [[monte Abantos]], a 1028 m. de altitude, na [[Serra de Guadarrama]]. Está xestionado por [[Patrimonio Nacional]].