Diferenzas entre revisións de «Célula presentadora de antíxenos»

m (Miguelferig moveu a páxina "Célula presentadora do antíxeno" a "Célula presentadora de antíxenos": nome máis común)
{{VT|Presentación do antíxeno}}
Unha '''célula presentadora de antíxenos''' (xeralmente abreviada como '''CPA''' ou como '''APC''', polo seu nome inglés ''antigen-presenting cell'') é unha célula que expón os [[antíxeno]]s na súa superfice celular formando complexos coas moléculas do [[complexo maior de histocompatibilidade]]. Os [[linfocito T|linfocitos T]] poden recoñecer estes complexos contactando coa célula presentadora por medio do seu [[receptor de célula T]] (TCRs). A presentación de antíxenos é fundamental para o funcionamento do sistema inmunitario. As células presentadoras deben [[procesamento do antíxeno|procesar]] os antíxenos no interior da célula antes de presentalos ás células T.
 
== Funcións ==
Como consecuencia da [[presentación do antíxeno]] ás células T, as células presentadoras causan:
* Activación de linfocitos T virxes con expansión clonal e diferenciación en células efectoras. Esta presentación realízana en xeral as [[célula dendrítica|células dendríticas]].
* Activación da inmunidade celular. Realizada por [[macrófago]]s e linfocitos T efectores, por exemplo.
* Activación da resposta humoral por estimulación de [[linfocito B|linfocitos B]] e a produción de [[anticorpo]]s.
 
== Tipos ==
 
Os tipos de células presentadoras de antíxenos profesiosnasi son:
* [[Célula dendrítica|Células dendríticas]], que son as que teñen o rango máis amplo para a presentación de antíxenos, e son probablemente as células presentadoras máis importantes. As células dendríticas activadas son activadores especialmente potentes das células T<sub>H</sub> porque expresan moléculas coestimuladoras como [[B7 (proteína)|B7]] e poden formar o com,plexo-ligando [[CD40]]:[[CD40L]].<ref>E Reyes Martín, J Monserrat Sanz, E San Antonio Sánchez, A Prieto Martín. Conexiones entre la inmunidad natural y las respuestas inmunes adquiridas. ''Medicine''. Volumen 08 - Número 26. [http://db.doyma.es/cgi-bin/wdbcgi.exe/doyma/mrevista.go_fulltext_o_resumen?esadmin=si&pident=14122]</ref>
* [[Macrófago]]s, que son potentes [[fagocito]]s, polo que principalmente presentan antíxenos procesados de [[bacteria]]s e [[parasito]]s. Ten a peculiaridade de producir receptores coestimuladores para linfocitos T cando entran en contacto co [[lipopolisacárido]] de certas bacterias. Poden tamén producir a interacción de CD40 co seu ligando CD40L.
* [[Macrófago]]s, que son potentes fagocitos. Como tamén son células CD4+ e, por tanto, son tamén susceptibles de infección por [[VIH]].
* Certas [[célula B|células B]]. Recoñecen antíxenos por medio do seu principal receptor, a [[inmunoglobulina]] de membrana [[receptor de linfocito B|BCR]]. Nalgúns casos fagocitan o complexo antíxeno:BCR e presentan despois o antíxeno a [[linfocitos T cooperadores]] unido ao MHC de clase II.<ref>Universidad de Córdoba - Procesamiento de antígenos. [http://www.uco.es/grupos/inmunologia-molecular/inmunologia/tema06/etexto06.htm]</ref> Son sensibles á estimulación por [[citocina]]s, como a [[IL-4]].
* Certas [[célula B|células B]]. which express (as B cell receptor) and secrete a specific antibody, can internalize the antigen, which bind to its BCR and present it incorporated to MHC II molecule, but are inefficient APC for most other antigens.
* Certas [[célula epitelial|células epiteliais]] activadas.
 
190.202

edicións