Célula presentadora de antíxenos: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{entradución}} Ficheiro:Antigen presentation.svg|miniatura|240px|dereita|A presentación do antíxeno estimula as células T para que se convertan en células "citotóxicas" C..." |
|||
Liña 5:
== Tipos ==
As células presentadoras de antíxenos divídense xeralmente en dous grupos: as células presentadoras "profesionais" e as "non profesionais". Considéranse "profesionais" as que expresan de forma constitutiva as moléculas do [[MHC de clase II]].
As células T non poden recoñecer aos antíxenos libres, e, por tanto, non poden responder a eles. As células T só poden detectar antíxenos que foron primeiro procesados e despois presentados na superficie de células unidos a moléculas portadoras como as do [[MHC]] e CD1. A maioría das células do corpo poden presentar antíxenos ás células T CD8<sup>+</sup> por medio das moléculas MHC de clase I e, así, actúan como células presentadoras; porén, o termo a miúdo limítase ás células especializadas que poden cebar ás células T (é dicir, activar unha célula T que non foi exposta a un antíxeno, denominado ''[[célula T virxe]]''). Estas células, en xeral, expresan moléculas do [[MHC de clase II]] e as do [[MHC de clase I]], e poen estimular as [[célula T axudante|células CD4<sup>+</sup> ("axudantes")]] e as [[célula T citotóxica|células CD8<sup>+</sup> ("citotóxicas")]], respectivamente. (Case todas as células nucleadas expresan os receptores MHC de clase I, incluíndo as células presentadoras profesionais. Se un virus infecta a un [[macrófago]] ou [[célula dendrítica]], promoverá a súa propia destrución por medio de células T citotóxicas. Porén, as células dendríticas poden inxerir virus por [[pinocitose]] e, por tanto, activan a resposta inmune adaptativa para producir [[anticorpo]]s para o virus por medio dos receptores MHC de clase II.)
===Profesionais===
|