Cardeal Richelieu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Política interior: Henrique IV de Francia
Liña 9:
 
===Política interior===
Nese cargo, acometeu unha forte centralización do poder, dando orixe ao célebre [[centralismo]] francés propio da [[monarquía absoluta]] e seguido polas faccións dominantes tras a revolución francesa. Nesta liña acabou violentamente co que consideraba un Estado protestante dentro da monarquía francesa. Combateu coas armas os [[hugonotes]] ripándolles as súas prazas fortes e a súa organización autónoma. O feito de armas máis célebre foi a toma de La Rochelle en [[1628]], onde dirixiu persoalmente as operacións militares construído un dique mediante un alarde de enxeñería bélica que illou á cidade do mar. As hostilidades cos hugonotes remataron mediante a imposición da paz de Alais de 28 de xuño de [[1629]] na que se garantía a liberdade relixiosa recoñecida por [[Henrique IV de Francia|Henrique IV]] no [[Edicto de Nantes]], pero desartellando todo poder político protestante.
 
Así mesmo, esvaiu os núcleos de poder da nobreza, tanto territorial como cortesán, emprendendo unha dura represión contra as conxuras e as resistencias ás súas medidas. Os intendentes reais impoñían o seu poder gobernativo sobre os poderes nobiliarios locais e xeraron un enorme descontento. O propio irmán do rei [[Gastón de Orleáns]], quen cualificou a Richelieu de ''formidable tirano'', alentou un levantamento en [[Languedoc]] dirixido polo duque de Montmorency. A rebelión foi esmagada e o duque decapitado o 30 de outubro de [[1632]].