Victorino Pérez Prieto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
+ imaxe; cursivas
Liña 1:
[[Ficheiro:Victorino Pérez Prieto (AELG)-3.jpg|dereita|miniatura|200px]]
'''Victorino Pérez Prieto''', nado en [[Hospital de Órbigo]] o [[18 de outubro]] de [[1954]], é un escritor e teólogo [[Galicia|galego]].
 
'''Victorino Pérez Prieto''', nado en [[Hospital de Órbigo]] ([[provincia de León]]) o [[18 de outubro]] de [[1954]], é un escritor e teólogo [[Galicia|galego]].
 
==Traxectoria==
Realizou estudos de [[Filosofía]] e [[Teoloxía]] no Instituto Teolóxico Compostelán e na Universidade Pontificia de Salamanca, onde se licenciou en teoloxía dogmática cunha tese sobre a dimensión relixiosa da xeración Nós e se doutorou cunha tese sobre a teoloxía interrelixiosa e intercultural de [[Raimon Panikkar]]. Ordenado sacerdote, exerceu o ministerio na [[diocese]] de Mondoñedo-Ferrol.
 
Deu clases nas universidades de [[USC|Santiago de Compostela]] e [[Universidade da Coruña|A Coruña]]. Foi o primeiro director da revista Irimia e é membro do Consello de redacción da revista ''[[Encrucillada]]'', na que ten publicado numerosos artigos teolóxicos. Ten publicado tamén numerosos artigos noutras revistas e diarios galegos (''A Nosa Terra'', ''Grial'', ''Lumieira'', ''Tempos'', ''Guía de libros'', ''Criterios''...) e de fóra do país (''Sal terrae'', ''Iglesia viva'', ''El Ciervo''...) e varios libros individuais e en colaboración.
 
É membro da [[Asociación de Teólogos Juan XXIII]] e da [[Asociación de Escritores en Lingua Galega]].