MHC de clase II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
==Síntese==
Durante a síntese das moléculas MHC de clase II no [[retículo endoplasmático]], prodúcense as cadeas α e β prodúcense e forman un complexo cun polipéptido especial chamado [[cadea invariante]]. A proteína MHC II nacente no retículo endoplasmático rugoso ten o seu suco de unión ao péptido bloqueaado pola mencionada cadea invariante (Ii; un trímero) para impedir que se una a péptidos celulares ou péptidos da ruta endóxena (como os que son cargados nas moléculas [[MHC de clase I]]).
 
A cadea invariante tamén facilita a exportación das MHC de clase II desde o retículo endoplasmático ao [[aparato de Golgi]], seguido da fusión cun [[endosoma]] tardío que contén proteínas degradadas [[endocitose|endocitadas]]. A cadea invariante despois degrádase en varias fases pola acción de [[protease]]s chamadas [[catepsina]]s, que deixan só un pequeno fragmento coñecido como [[CLIP (proteína)|CLIP]], o cal mantén o bloqueo do suco de unión ao péptido da molécula de MHC II. A [[HLA_DM]], que ten unha estrutura do tipo MHC II, facilita a eliminación da e permite a unión de péptidos con maiores afinidades. A molécula MHC II estable é despois enviada á superficie celular para a presentación do antíxeno.