Enfermidade celíaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
A '''enfermidade celíaca''' ou '''doenza celíaca''' ('''''celiaquía''''') é unha [[doenza autoinmune]] que comeza na infancia e está provocada por unha intolerancia intestinal permanente ao [[glute]]. Caracterízase por unha inflamación crónica da parte achegada do [[intestino delgado]] ou [[xexuno]], causada pola exposición á [[gliadina]], unha [[proteína]] vexetal dalgúns [[Cereal|cereais]] na [[dieta]].
 
A gliadina é un dos compoñentes do [[glute]] (proteína presente no [[trigo]] (''Triticum spp.''), o [[orxo]] (''Hordeum vulgare''), o [[centeo]] (''Secale cereale''), o [[triticale]] (''× Triticum aestivumTriticosecale''), o ''kamut'' (''[[Triticum turgidum]]''), o trigo vermello ou espelta (''[[Triticum spelta]]'') e posibelmente a [[avea]] (''Avena sativa'') —por cuestións de contaminación cruzada—). Ao ser exposta á gliadina, a encima [[transglutaminasa tisular]] modifica a proteína e o [[sistema inmune]] do individuo fai unha reacción cruzada en contra do [[intestino delgado]], causando unha reacción inflamatoria que causa atrofia das vilosidades que recobren o intestino e interferencias na absorción de nutrientes.
 
En condicións normais todo alimento inxerido debe pasar por un proceso de dixestión que o degrade en partículas máis pequenas para que estas poidan ser despois absorbidas. Esta absorción de alimentos ten lugar no intestino delgado e para que isto sexa posíbel cómpre a existencia de [[vilosidades]] que, á súa vez, poderíamos comparar con raíces microscópicas que penduran no interior do intestino. O seu papel na absorción é semellante á que realizan as raíces das árbores sendo a lonxitude destas esencial para que dita absorción se produza en maior ou menor grao. Cando a lonxitude da vilosidade é acurtada, a absorción vese reducida e a nutrición da persoa queda comprometida. E é isto precisamente o que sucede cos celíacos, que sofren dun encurtamento destas raíces, o que provoca unha intolerancia ao glute.