Ducado de Milán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.3) (Bot: Engado: fa:دوک‌نشین میلان
Liña 43:
 
==Dominio francés==
En [[1498]] o fillo do duque de Orleáns converteuse en [[Francia|rei de Francia]] como [[Luís XII de Francia|Luís XII]] e pretendeu facer efectivas as reclamacións do seu padrepai sobre Milán, invadíndoo e expulsando a [[Ludovico Sforza]] en [[1499]]. Este dominio francés durou até [[1513]], cando forzas suízas repuxeron ao fillo de Ludovico, [[Maximiliano Sforza|Massimiliano]], no trono. En [[1515]] os franceses, baixo [[Francisco I de Francia]], venceron na [[batalla de Marignano]], capturando a Massimiliano e retomando o ducado. De novo foron expulsados en [[1521]]; desta vez, as forzas austríacas coroaron ao irmán de Massimiliano, [[Francisco II Sforza]].
 
Despois da decisiva derrota francesa na [[Batalla de Pavía]] ([[1525]]), que deixou a [[Carlos I de España]] como principal forza en Italia, Francesco uniuse á [[Liga de Cognac]], xunto ás repúblicas de [[República de Venecia|Venecia]], [[República de Florencia|Florencia]], o papa [[Clemente VII]] e os franceses en contra de Carlos V. Isto levou á rápida expulsión de Francisco de Milán por forzas imperiais, aínda que mantivo algún control sobre outras cidades do ducado, e acabou recuperando Milán polo [[Paz de Cambrai|Tratado de Cambrai]] ([[1529]]).