Diferenzas entre revisións de «Herba»

m
Moitas herbas son anuais, nacendo de semente ao comezo da estación favorable deixando ao acabar esta novas sementes no [[solo|chan]]. Existen tamén herbas vivaces, que retoñan dende talos subterráneos ou situados a niveis de chan. Os órganos subterráneos implicados son [[rizoma]]s (talos horizontais) e [[bulbo]]s. Moitas herbas bienais forman unha roseta de follas pegada ao chan no seu primeiro ano, no que non se reproducen, e un talo alto e florido, o escapo floral, no seu segundo ano.
 
Chámase megaforbias (herbas xigantes) a plantas que respondendo formalmente ao concepto anterior, acadan unha porte considerable, ata de varios metros. Este é o caso, por exemplo, das diversas especies de bananas (xénero ''[[PlátanoBanana|Musa]]'').
 
Na linguaxe común aplícase tamén a calquera [[planta]] que posúe valor culinario ([[planta aromática|herbas aromáticas]]) ou medicinal ([[planta medicinal|herbas medicinais]]), con independencia do seu carácter herbáceo ou arbóreo, cando a parte da planta que se usa son as follas ou talos tenros. Pola contra, as [[especia]]s son as [[semente]]s, [[baga]]s, [[casca|codias]], [[raíz|raíces]] ou outras partes da planta.
19.713

edicións