Fertilizante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 25:
 
Un '''fertilizante mineral''' é un produto de orixe inorgánica, que contén, polos menos, un elemento químico que a planta necesita para o seu ciclo de vida. A característica máis importante de calquera '''fertilizante sólido''' é que debe ter unha solubilidade máxima para que poida disolverse axeitadamente na auga de [[rega]], xa que os nutrientes entran en forma pasiva e activa na planta, a través do fluxo da auga. Por este motivo é crecente a comercialización de fertilizantes líquidos concentrados.
 
== Xeitos de aplicación ==
*'''Superficial'''. Por exemplo na fertilización de cobertora en cereais. Utilízanse máquinas fertilizadoras centrífugas ou ben se fai a man.
*'''Localizada''' en profundidade coa aplicación de adubos sólidos que se deitan pretos da semente ou do tubérculo durante a sementeira. Deste xeito evítase a volatilización do azote e de elementos pouco móbiles coma o fósforo.
*'''Inxectada''' no chan con máquinas especiais (no caso de aplicar gas amoni coma fonte de azote)
*'''Fertirrega'''. Os adubos aplícanse disoltos na auga da rega, xa sexa por rega pinga a pinga (o máis habitual) coma con sistemas de aspersión, e até na rega por gravidade ( non tan común).
*'''Fertilización foliar'''. Sistema que se emprega basicamente para corrixir carencias de microelementos (ou micronutrients), aínda que nalgúns casos é moi común a aplicación de calcio foliar (froitas e algunhas verduras, sobre todo). Cos anos faise máis frecuente este tipo de fertilización, sendo case esencial hoxe en día na agricultura profesional.
 
== Produción de fertilizantes ==