Selección de fútbol de Alemaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 60:
A [[Selección de Fútbol da Alemaña Democrática|Selección de Alemaña Oriental]], máis feble, clasificouse só para unha [[Copa do Mundo de Fútbol|Copa do Mundo]], xustamente a de [[Mundial de Fútbol Alemaña 1974|1974]], realizada na [[Alemaña Occidental]]. Ambas se afrontaron na primeira fase e os orientais conseguiron unha histórica vitoria, tras vencer por 1 a 0. Acostumaban a facer boas fases eliminatorias, deixando de clasificarse para normalmente no última partido. Non conseguiron clasificarse para ningunha [[Eurocopa]]. Por outro lado, gañaron ouro nos [[Xogos Olímpicos]] (nas [[Xogos Olímpicos de 1976|Olimpíadas de 1976]]), o que as Alemañas pre-guerra, Occidental e reunificada non conseguiron. A selección oriental usaba tamén camisola e medias de cor branca, mais adoptou o azul ao contrario do negro na cor dos pantalóns. O [[azul]] era a cor da xuventude do [[Partido Socialista Unificado de Alemaña|Partido Comunista]] do país. O uniforme reserva consistía na combinación inversa ao do principal, sendo consagrado ao ser o utilizado na vitoria sobre a Alemaña Occidental en [[1974]].
 
A Alemaña reunificada, que continuou usando os uniformes tradicionais da Occidental, chamou en maior parte xogadores nacidos no antigo país, aínda que os mellores xogadores de despois da reunificación viñesen do lado oriental: [[Matthias Sammer]] e [[Michael Ballack]]. O primeiro e único título dende a reunificación foi a [[Eurocopa 1996]].
 
== Palmarés Copa do Mundo ==