Ilyushin Il-62: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Nova páxina: {{en progreso}} {{Ficha_aeronave | nome = Ilyushin Il-62 | imaxe = Image:Air Koryo IL-62M P-881.JPG | pé de foto = Il-62M de Air Koryo | tipo ...
 
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 21:
 
==Deseño==
As esixencias do seu deseño foron moi semellantes ás do [[Vickers VC10|VC10]], de aí o feito de que ambos avións aseméllense bastante, e incluían un longo alcance e que puidese operar dende pistas curtas ou mal preparadas entre outras.
 
O primeiro prototipo estivo listo en setembro de [[1962]] e foi inspeccionado polo mesmo [[Nikita Khrushchev]], pero ata xaneiro do ano seguinte non faría o seu vóo inaugural. Durante catro anos o equipo de deseño, dirixido por Vladimir Kokkinaki, estivo traballando para mellorar determinados aspectos, e o avión entrou en servizo coa aeroliña [[Aeroflot]] en marzo de [[1967]].
 
Durante os seus primeiros meses de servizo o Il-62 estivo facendo unicamente rutas internas na [[Unión Soviética]], realizando o seu primeiro servizo internacional en setembro de [[1968]] entre as cidades de [[Moscú]] e [[Montreal]]. A capacidade de pasaxe desta primeira versión do Il-62 variaba dos 122 pasaxeiros en dúas clases, aos 186 en clase única.
 
En [[1971]] apareceu o Il-62M, con motores máis potentes e económicos que, xunto coa instalación dun novo tanque de combustible na deriva, aumentaba o alcance operacional do avión. Esta variante entrou en servizo con [[Aeroflot]] en [[1974]].
 
En [[1978]] anunciouse o Il-62MK cunha serie de novas melloras, a meirande parte delas para axeitar o uso do avión dende pistas curtas ou mal acabadas.
 
[[Category:Aviación civil]]