Sunny Day Real Estate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 36:
 
O tempo pasou e a banda foi morrendo aos poucos. En [[2002]], [[Jeremy Enigk]], [[William Goldsmith]] e [[Nate Mendel]] (este último aínda toca en [[Foo Fighters]]) xuntáronse novamente e formaron unha nova banda, [[The Fire Theft]], cun primeiro disco, autotitulado, que foi lanzado en [[2003]].
 
No ano [[2006]], Enigk reaviou a súa carreira en solitario e publicou o álbum ''World Waits'' a través do seu propio selo, Lewis Hollow Records. Tras a súa publicación no mes de outubro, Enigk iniciou unha xira de promoción a través dos [[Estados Unidos]] usando material dese traballo e do seu anterior lanzamento en solitario, ''Return of the Frog Queen''.
 
=== Reunión ===
Despois de varios rumores en [[2006]] e [[2008]], en abril do ano [[2009]] varias páxinas web informaron de que a banda reunírase cos seus membros orixinais. A reunión foi confirmada no mes de xuño polo locutor de radio de [[Seattle]] Andrew Harms. O grupo xirou polos Estados Unidos e [[Canadá]] en setembro e outubro, e por [[Australia]] en fereiro de [[2010]] como parte do Soundwave Festival. O primeiro concerto foi un espectáculo segredo o [[16 de setembro]] no Hell's Kitchen de [[Tacoma, Washington]]. Coincidindo coa xira, os dous primeiros álbums da banda foron remasterizados e reeditados con cancións extra.
 
==Discografía==