Manuel Darriba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{ORDENAR:Darriba, Manuel}}
Liña 4:
Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e en Filosofía pola [[UNED]]. Traballou como reporteiro e enviado especial de ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'' de Lugo e o ''[[Diario de Pontevedra]]'' ata o 2004. Nese ano fundou con [[José Manuel Gegúndez]] a axencia [[Transmedia]], editora de publicacións especializadas. Foi responsable de edicións nesta empresa ata o 2010, dirixindo diversas revistas de gandería, hostalería e o Anuario da Academia Galega do Audiovisual.
 
Ten colaborado en medios como ''Dominical'' (suplemento de ''El Periódico de Catalunya'', ''[[ABC (xornal)|ABC]]'' e unha quincena de periódicos rexionais), o semanario ''La Clave'', o xornal económico ''Expansión'', o magacine galego ''GPS'', a [[Axencia Galega de Noticias]], a revista literaria ''Protexta'', os suplementos "Crónica" e "Magazine" de ''[[El Mundo]]'' e a edición galega de ''[[El País]]''. Na actualidade publica unha columna semanal no xornal gratuíto ''[[De Lunsluns a Venresvenres]]''.
 
O seu labor xornalístico recibiu os premios Once-Galicia de xornalismo, Julio Camba de reportaxe e a mención especial no Premio Nacional Manuel Alcántara para xornalistas menores de 35 anos.