Federación Internacional da Industria Fonográfica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Incidentes con The Pirate Bay: traducido desde a wiki .es
Liña 10:
 
== Incidentes con The Pirate Bay ==
En outubro de [[2007]] ifpi.com, un dos dominios da IFPI caducou. O dominio foi transferido a ''[[The Pirate Bay]]'' por un donantedoador anónimo.<ref>{{cita web|url=http://torrentfreak.com/ifpi-now-owned-by-the-piratebay-071012/|título=Anti-Piracy Organization Domain IFPI.com Now Owned by The Pirate Bay|editor=TorrentFreak|autor=Ernesto|data=12-10-2007|dataacceso=10-05-2009|lingua = inglés}}</ref> Os administradores de ''The Pirate Bay'' montaron unha web en ifpi.com titulada "International Federation of Pirates Interests", un [[retroacrónimo]] para IFPI. A propiedade do dominio foi devolta á IFPI a finais de novembro, cando o consello de mediación da [[Organización Mundial da Propiedade Intelectual|OMPI]] decidiu que ''The Pirate Bay'' estaba a utilizar unha marca rexistrada da IFPI de mala fe.<ref>{{cita web|url=http://www.wipo.int/amc/en/domains/decisions/html/2007/d2007-1328.html|título=WIPO Arbitration and Mediation Center Administrative Panel Decision: IFPI Secretariat, IFPI International Federation of the Phonographic Industry v. Peter Kopimi Sunde aka Brokep (Case Non. D2007-1328)|data=19-11-2007|dataacceso=10-05-2009|lingua = inglés}}</ref>
 
Nun incidente posterior, o 18 de febreiro de [[2009]], ifpi.se, o dominio da división sueca da IFPI foi hackeado por simpatizantes de ''The Pirate Bay''. Isto ocorreu o terceiro día do xuízo aos fundadores de ''The Pirate Bay'' en Suecia. O sitio foi substituído por unha mensaxe dirixida ao fiscal [[Håkan Roswall]] e á acusación ("Warner Brothers etc"). Estaba asinado como "The New Generation".<ref>{{cita web|url=http://bayimg.com/image/danhmaabk.jpg|título=Captura de pantalla da mensaxe traducida ao inglés, orixinal en sueco |lingua = inglés}}</ref> Peter Sunde, portavoz de ''The Pirate Bay'' pediu a través de [[Twitter]] que cesasen os ataques.<ref>{{cita web | autor = Peter Sunde | título =We’re winning, stop hacking plz| url = http://blog.brokep.com/2009/02/19/were-winning-stop-hacking-plz/| data = 19-02-2009 |lingua= inglés}}</ref>