Castelo da Rocha Forte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 43:
Dos testemuños presentados, aínda que deben ser interpretados como parciais pola propia natureza do preito ou concordia e de provir de datas posteriores a súa ruína, pódese extraer unha descrición do castelo, que se está a confirmar coas intervencións arqueolóxicas.
 
Estaría conformada por tres cintos amurallados ao redor dunha estrutura organizativa básica que ten como eixo central a [[torre da homenaxe]] cos seus catro sobrados. Xunto a esta, unha capela gótica (abovedada) coa advocación a [[Santa Eufemia]]. Todo o conxunto ''"...moi bien edificada todo de cantaria de piedra de grano con si mestura de cal y argamasa..."'' disposto en tres niveis ou alturas. A cerca máis interior que rodearía a torre da homenaxe estaría conformada por nove torreóns circulares (todos eles ameados e dun sobrado), catro nos extremos, tres de reforzo nos medio dos muros sueste, nordeste e suroeste, e dúas torres máis flanqueando a porta principal do último recinto. Segundo as testemuñas do citado preito unha destas torres tería a denominación de Santa Eufemia e outra a de Torre nova, descoñecéndose o nome das outras. Entre os diversos recintos, polo menos un ou dous foxos (un deles sempre cuberto por auga). Portas, poternas, pontes levadizas e barbacás completarían un conxunto que en palabras dunha das testemuñas nas que coinciden varias delas ''"... e que hera alderredor cercada que paresçía una ciudad"''
 
== Historia ==