Vicente Varela Radío: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Vicente Varela Radío''', nado en Pontevedra o 18 de novembro de 1883, foi un médico e político galego. ==Traxectoria== Foi presidente do Centro Republicano en S..."
 
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Foi presidente do Centro Republicano ende [[Santiago de Compostela]] antes da proclamación da [[Segunda República Española|Segunda República]]. Militante da [[ORGA]] e amigo de [[Casares Quiroga]], foi nomeado nomeado [[gobernador civil]] de [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]] o [[17 de abril]] de [[1931]] e o [[5 de agosto]] gobernador civil de [[Provincia de Ourense|Ourense]], posto no que permaneceu ata o [[21 de xullo]] de [[1932]]. Ese ano, ao ser nomeado director do Hospital Clínico de [[Santiago de Compostela]] abandonou a actividade política, aínda que posteriormente militou en [[Izquierda Republicana]]. Logo da [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] foi destituído do seu posto de director e sufriu incautación de bens así como varias multas. En xullo de [[1937]], foi detido e encarcerado por pertenza á Logia Libredón nº 6 de Santiago de Compostela. En 1942 o Tribunal Especial para a represión da Masonería condenouno a doce anos e un día de reclusión menor, que logo lle foi rebaixada a seis de prisión maior. Cumpriu a pena no penal de Santa María ([[Provincia de Cádiz|Cádiz]]) entre xaneiro e decembro de [[1943]]. Ao saír do cárcere foi confinado en [[Pontevedra]] ata [[1947]].
 
==Véxase tamén==