Parede celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: bg:Клетъчна стена
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 35:
 
=== Bioxénese da parede celular vexetal ===
A parede celular vexetal orixínase durante a [[división celular]], a partir de vesículas que proveñen do [[aparato de Golgi]]. Estas vesículas, cheas dos compoñentes da parede celular, localízanse no [[fragmoplasto]], formado por un conxunto de microtúbulos e vesículas dispostos no centro da célula en división. No '''fragmoplasto''' fusiónanse as vesículas do aparato de Golgi, formando a chamada '''[[placa celular]]''' a cal crece desde o centro da célula en división, ata poñerse en contacto coas paredes laterais, orixinando a parede divisoria. Os [[plasmodesmo]]s fórmanse á vez que esta parede.
 
Unha vez formada, a parede celular crece por deposición de capas sucesivas de '''celulosa'''. En cada capa, a orientación das microfibrilas de celulosa está guiada polo [[citoesqueleto]] do interior da célula, concretamente polos [[microtúbulo]]s corticais, os cales alinean o complexo encimático responsable da síntese de celulosa, que é a [[celulosa sintase]] da membrana plasmática.