62.905
edicións
m (r2.7.2) (Bot: Engado: sn:Rudzindi) |
m (Bot: Elimino: zh,pl,eu,qu,bs,ta,ms,hu,et,sq,sv,nl,ar,pt,is,eo,ru,sr,tr,fi,uk,be-x-old,nn,hr,az,da,ko,be,fr,he,lv,it,id,de,ml,ja,vi,simple,scn,ht,sk,en,no,th,ca,sl,cs,fa,bg,ur,lt (strongly connected to gl:Fricción)) |
||
{{fusión|fricción}}
{{FormatoWiki}}
En [[mecánica]], [[resistencia]] ó [[esvaramento]], [[rodadura]] ou fluxo dun corpo con relación a outro co que está en contacto.
O rozamento externo pode ser de dúas clases: de esvaramento ou de rodadura. No rozamento de esvaramento, a resistencia é causada pola interferencia de irregularidades nas [[superficie]]s de ámbolos corpos. No rozamento de [[rodadura]], a resistencia é provocada pola [[interferencia]] de pequenas deformacións ou fendas formadas ó rolar unha superficie sobre outra. En ámbalas formas de rozamento, a atracción [[molécula|molecular]] entre as dúas superficies produce certa [[resistencia]]. Nos dous casos, a forza de rozamento é directamente proporcional á [[forza]] que comprime un obxecto contra o outro. O rozamento entre dúas superficies mídese polo [[coeficiente]] de rozamento, que é o cociente entre a forza necesaria para mover dúas superficies en contacto mutuo e a forza que presiona unha superficie contra outra.
O rozamento entre dous obxectos é máximo xusto antes de empezar a moverse un respecto a outro, e é menor cando están en movemento. O valor máximo do rozamento denomínase [[rozamento estático]] ou rozamento en repouso, e o valor do rozamento entre obxectos que se moven chámase [[rozamento cinético]] ou rozamento en movemento. O esvaramento de dous corpos en contacto é descontinuo e pode considerarse que o rozamento cinético está producido por unha serie de episodios de rozamento estático.
[[Categoría:Física]]
|
edicións