Diferenzas entre revisións de «Voo do Cuatro Vientos»

m
sen resumo de edición
(Nova páxina: O '''voo do Catro Ventos''' foi un voo España-Cuba-México que se realizou en 1933. En 1932 o capitán de enxeñeiros [[Mariano Barberán|Mariano Barberán y Tros...)
 
m
Cruzar o Atlántico central foi a maior distancia voada ata ese momento sobre o mar. Seguiron a ruta prevista con desviacións mínimas malia diversas incidencias, como unha indisposición de Collar: Tablada (Sevilla), Madeira, San Juan (Porto Rico), [[Guantánamo]] e [[Camagüey]], onde chegaron 11 de xuño ás 15:39 hora local logo de 39 horas e 55 minutos de voo e 7320 km. Ao día seguinte, día 12 despegaron cara [[A Habana]], aterrando no aeródromo de Columbia ás 14:15, o recibimento alí foi espectacular, con máis de 10.000 persoas agardando. O voo constituíu un acontecemento social de primeira magnitude e os aviadores foron agasallados nos círculos políticos, sociais e mercantís de Cuba. Nos días que pasaron alí Madariaga tivo que facer fronte a unha complicada incidencia, unha fuga de combustible que houbo que arranxar. A travesía cara México comprendía un voo de 1.920 km que estaba previsto realizar nunhas 12 horas. O 20 de xuño despegaron da Habana ás 05:52 h cara a Cidade de México, por última vez foron vistos ás 11:35, preto da cidade de Villahermosa en [[Tabasco]] a partir desta posición desapareceron. Os gobernos de México e Guatemala despregaron numerosas operacións de procura e malia os esforzos realizados, non puido darse co lugar de caída do aparello, un misterio que deu lugar ata o día de hoxe a numerosas teorías e especulacións de cal foi o fin do Catro Ventos e os seus tripulantes.
[[es:Vuelo del Cuatro Vientos]]
[[Category:NavegaciónAviación]]
75

edicións