Roca, Guitiriz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
Atópase situada entre os paralelos 43º 10` 20” e 43º 12`30” latitude Norte, 7º 46` 40” e 7º 49`34”longitude Oeste. Tamén no mapa Topográfico Nacional nº 47-III (13-10) de escala 1:25000. É un terreo suavemente montañoso, oscilando entre os 400 e 600m, aproximadamente. As elevacións maís importantes atópanse no Leste, nunha cadea que vai de Sur a Norte, na que destacan como maiores elevacións o Penedo da Perdíz, Alto do Curro de Carlos, Penedo do Seixiño, Pena Gallada, Monte Redondo, Altos de Fontemalle, Mouteira e Lobateira. Parte destas elevacións forman conxunto de esa muralla que dende a chaira luguesa pódese observar ó Oeste como delimitándoa.
A partir deste serrón, todas as augas verten hacia o Sur e Oeste, formando pequenos regatos,, entre os que podemos citar o da Perdíz, Fontemalle, Castellanos ou Picharegas, Quintán ou Zancas e Pedracoba ou Ramallal, que case serve como linde natural con Santa Cruz.
'''Flora e fauna.'''
A zona situada o Leste coas elevacións nomeadas no anterior apartado, está plantada a pinos, de forma ordenada, explotada en plan comunitario. Nas vertientes que saen destes outeiros, abundan as árbores autóctonas, como os carballos, vidueiros, ameneiros, salgeiros e castiñeiros. Nos terreos ermos predominan os toxos, pudias, xestas, carpazas, carqueixas, fieitos e silvas. En canto a fauna silvestre é frecoente ver xabarín, corzo, zorro e coello. Polo que se refire as aves, abunda o corvo, pega, rula, pombo, gorrión, paporroibo, lavandeira, gaio, xílgaro, merlo, peto, cuco e bubela, por citar algúns. En canto a riqueza piscícola, mermou bastante dende a implantación dunha
industria o caron do río Requeixo, así como as posibles escorrentías de grandes explotacións gandeiras situadas noutras parroquias no seu curso alto.